Este fin de semana chega unha nova edición do Festival de Jazz do Salnés, en Cambados. Terá dúas entregas, venres e sábado no Auditorio da Xuventude, donde poderemos desfrutar do jazz feito aquí, no que por suposto teñen moito que ver Paco Charlín e Virxilio da Silva.
Venres 24 de maio, 21:30h.
Free Mind Radio Jazz Station
(Max Gómez & Paco Charlín Quartet)
Sábado 25 de maio 21:30h.
Virxilio da Silva Quinteto.
E unha vez presentado, imos cunhas cantas consideracións, a quen proceda, que non sabemos quen é, pero igual lee isto:
Empecemos polo nome de festival, tanto Festival do Salnés nin tanta bobada co Salnés, se non se lles ocurre un nome ó dereito que teña máis gancho, que se chame Festival de Jazz de Cambados e punto, xa está ben de que todo o de Cambados se chame 'do Salnés' e o do resto do Salnés leve o nome de cada concello, un pouco de amor propio!!.
Outra cousa aparte é o coidado que lle dan. Esta historia é coma un Guadiana que vai e ven segundo coincida, un ano sí, outro non, e cada ano nunha estación distinta do ano. A día de hoxe estou seguro que nin se sabe cantas edicións se teñen celebrado.
E por favor, para darlle un pouco de promoción, como mínimo fagan un cartel ou flyers como dios manda, que se imprima e se reparta pola vila e arredores, ou calqueira tipo de deseño, sobre todo para poder compartilo na web, e xa postos a pedir, unha nota de prensa na que alomenos nos digan os participantes en cada sesión, por que os xornais tampouco o contan.
Pero todo isto igual é moito pedir, non?
*actualizado Venres 24:
Pois ó final tivemos que agardar ó propio día de inicio de festival para enterarnos dos compoñentes das formacións.
Tanto en La Voz de Galicia (ver nova) como no Diario de Arousa (ver nova) informan do asunto, supoñemos que tras chamar a Paco Charlín para pedirlle a información.
Pero nin así acertan coas formacións, seguen poñendo as anunciadas previamente cando quen toca esta noite é unha nova encarnación do Jazz Frequency Group liderado por Paco Charlín (contrabaixo), Max Gómez na batería, o vibrafonista Ton Risco, o trompetista Javier Pereiro e o saxofonista portugués Joao Mortagua, interpretando temas propios de Max Gómez, Paco Charlín e Mortagua, xunto con standards de Ornette Coleman.
E mañán sábado, será o turno de Virxilio da Silva presentando o seu novo disco "Odysseia", acompañado polo Fernando Sánchez (saxo tenor), Jesús Pazos (bateria), e Álex Salgueiro co órgano Hammond...
Ademáis finalmente todo vai rotulado como 7 Festival Internacional de Jazz de Cambados, que xa é algo, pero hai que coidar o producto e vendelo correctamente, non ofrecer tres informacións (por chamarlle de algún modo) distintas na mesma semana...
Ademáis finalmente todo vai rotulado como 7 Festival Internacional de Jazz de Cambados, que xa é algo, pero hai que coidar o producto e vendelo correctamente, non ofrecer tres informacións (por chamarlle de algún modo) distintas na mesma semana...
No hay comentarios:
Publicar un comentario