miércoles, 22 de mayo de 2013

Xuven: Expo 35 anos, e fase de ascenso a LEB

Esta fin de semana será moi especial para Club Xuventude Baloncesto de Cambados, para tódo-los que formamos parte del durante moitos anos da nosa vida, e para tódo-los afeccionados. 

Entre o venres 24 e o domingo 26 disputará coma local a fase de ascenso á LEB Plata fronte Novaschool de Málaga, El Olivar de Zaragoza e o Meridiano Santa Cruz de Tenerife. 
Esperemos que nesta segunda ocasión se consiga o ascenso se os cartos o permiten. Pero dende logo non tedes desculpa para faltar ó pavillón do Pombal. 

Toda a info de horarios, e prezos de abonos no facebook do Xuven.

Pero ademáis, como sabedes este ano cúmprense 35 anos dende a súa fundación en 1978, e con tal motivo uns cantos amigos levan bastante tempo traballando para organizar unha exposición conmemorativa, con toda a historia do clube, fotos, camisetas, trofeas, plantillas e moitas máis curisidades. 
A inauguración será mañán mesmo, Xoves 23 de maio, as 20:00h. en Exposalnés, donde poderedes visatala ata finais de xuño.

Forza Xuven!!


Arriba unha foto que me encanta, dos primeiros tempos do Xuven, creo que eu nin nacera. 
Debaixo unha pequena aportación a modo de revival, unha de hai 20 anos: o equipo do Xuven campión da Copa Federación en categoría cadete, tempada 93-94, entre os que podedes atopar a ilustres RifRocKerZ, membros de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre... un equipazo!!


No hay comentarios: