Estamos en tempada de lanzamentos, e chégannos ducias de álbumes cada semana, pero este é moi especial. Novo traballo dunha das nosas bandas favoritas. Wire lanzan novo traballo pero o contido é outra cousa. Nas liñas interiores explican que os temas deste "Change Becomes Us" foron compostas entre o 1979 e 1980, xusto co lanzamento do álbum "154" que é o álbum que pecha a súa triloxía inicial (tras "Pink Flag" e "Chairs Missing") no que é unha das secuencias de álbumes máis rompedoras da historia.
Moitos desos temas aparecen no álbum directo "Document and Eyewitness" (Rough Trade/Mute, 1980), 9 dos 13 que nos presentan agora, pero todos foran descartados para futuras gravacións. Agora foron terminados, reconstruídos e actualizados, Wire versiónanse a si mesmos, e ademáis o completan con catro novos temas. O título xa o di todo...
WIRE "Change Becomes Us"
(Pink Flag, 2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario