sábado, 25 de mayo de 2013

"Huey - Black Panthers" de Agnès Varda

Igual que na última entrega da serie mensual de sesións Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! desta vez tampouco vos imos deixar unha recompilación para descargar. O mes pasado preferimos ofrecervos o filme Blackenstein, que protagonizaba o cartel polo que algúns tanto nos preguntaron durante o fin de semana, e do mesmo xeito hoxe vos explicamos o panfleto dos Black Panthers solicitando a liberdade de Huey Newton que empregamos para o cartel desta sesión. E para elo recuperamos unha entrada de hai un par de anos no que compartíamos este fantástico filme documental de Agnès Varda: "Huey".

Este é un dos mellores documentais sobre os Black Panthers, polo seu realismo e a súa inmediatez. Tivo que ser unha francesa, a directora Agnès Varda (considerada pioneira do cine feminista e incluso avoa da Nouvelle Vague) quen se comprometera co movemento ante a falla de interés de outros profesionais en USA, ou polo seu temor ás posibles represalias. 

Non é o primeiro documental sobre os Black Panthers, pero sí o máis célebre pola súa veracidade e inmediatez cos feitos: comeza xusto trala detención de Huey Newton, un dos fundadores do Black Panthers Party polo suposto asasinato dun policía, que era unha falsa acusación, o filme documenta toda a campaña de protestas reclamando a súa liberación e os enfrontamentos coa policia... Free Huey! 

Tedes o video completo e sen cortes en Ubu Web, donde por suposto tamén o podedes descargar directamente. 

"Huey - Black Panthers"
1968: Agnès Varda (Fra USA/Black Panthers)
documental.










No hay comentarios: