viernes, 3 de mayo de 2013

Pintao de Rock, de Artefacto Salnés

A sala de exposicións do Pazo de Torrado de Cambados acollerá este mes  unha nova proposta de Artefacto Salnés. A entrega deste 2013 leva por título Pintao de Rock, e se inaugurará esta mesma tarde (venres 3 maio, ás 20:00h).



[nova tomada de Vivir en Cambados]

Artefacto Salnés 2013 chega a Torrado para explora-las relacións entre aspectos propios da cultura do rock and roll, a literatura e as artes plásticas e visuais. Esta experiencia artística, coordinada polo departamento de Debuxo do IES Ramón Cabanillas, cumpre a súa 3ª edición e reúne a mais de 100 artistas, entre convidados e alumnos do centro, con proxectos que comprenden pintura, escultura, ilustración, intalacións, fotografía, performance e videoarte.

Entre os participantes desta edición atopamos aos escritores Augusto Chaves, Daniel Salgado, Isi Vaamonde, Manuel Mata, Manuel Seixas e Ramón Caride. Como artistas plásticos e visuais destacamos a Anxo Pastor, Carolina Barreiro, Emerita Mendez, Enrique Conde, Federico Jiménez, Fernando Arenaz, Guillermo Charlín, Héctor Quintela González, Iria Ribadomar, José Luiz Oubiña, Carlos Maño, Jose Vaamonde, Juan Moreno Badia, Lino Silva, Lois Magariños, Manolo Chazo, Miguel Mosquera, Miguel Pérez Ramudo, Tomás Álvarez, Uxío López, Xaquín Chaves, Xaquín Rosales, Xulio Gayoso e Xurxo Romero...entre outros.


No hay comentarios: