Despois desta fin de semana decisiva no festival de Cannes, toca recuperar un comic que xa deu moito que falar hai un par de anos. A Palma de Ouro desta edición 2013 foi para "La Vie d'Adèle" de Abdellatif Kechiche, que é a adaptación do comic Le bleu est une couleur chaude de Julie Maroh.
El Azul es un Color Cálido relata o despertar sexual dunha rapaza, o primeiro amor, e o descubrimento da homosexualidade a través do seu diario. Este sorprendente debut de Julie Maroh sempre foi destacadado pola súa forza narrativa, a consistencia do guión, e outros aspectos formais como a estructuración da cor (o peso do azul, por suposto).
Julie Maroh é unha xoven francesa que nada máis remata-lo instituto publicou "El Azul es un Color Cálido", o seu debut no mundo do comic, e dende entón non deixou de recibir premios. Veu a luz na súa edición orixinal no 2010, e entre outros moitos premios recibiu o premio á mellor obra no Festival Internacional de Banda Deseñada de Angoulême do 2011. Ese mesmo ano publicouse en castelán por Dib>Buks. Se antes non escoitaras falar deste comic, seguro que co éxito da película vo-lo atoparedes en moitas máis estanterías...
Julie Maroh "El Azul es un Color Cálido"
(2010/ edición española: Dib>Buks, 2011)
No hay comentarios:
Publicar un comentario