viernes, 28 de febrero de 2014

este Sábado: RUFO VS JALEO!!

Mañán mesmo, sábado de Entroido teremos na cabina do Rif-Rock un combate de altura: RUFO VS. JALEO!! vai a ser tremendo non vo-lo perdades!!


programación marzo 2014

Aquí tedes a programación completa para o mes de marzo, para ir poñendo todo en orden, e un adianto xa para abril...


jueves, 27 de febrero de 2014

Sáb.29: CHIEF BROMDEN

Seguimos adiantándovos o programa de marzo... 
outro aviso é para o último sábado do mes (29 de marzo) cunha nova entrega das Black Grooves! que outra vez estará a cargo do CHIEF BROMDEN e as súas Free Funk Selektions! apuntade a data e non vo-lo perdades!


Sáb.8: KURCO SoundSystem"

Pontiak "Innocence"

Se a semana pasado vos recomendabamos un álbum de pyschodelia bastante accesible, melódica e moi pop (ver Axxa/Abraxas), esta toca un pouco máis de brasa non? Pois ahí vai outro álbum recén saído que nos acaba de chegar. 
A novidade é dos Pontiak, unha banda de Washington DC, agora afincados en Virginia formada por tres irmáns (os Carney) etiquetados xenéricamente nesta onda de neo-psych, pero con moitos pasaxes de hardcore e sobre todo stoner, e outros moito máis pausados case ambient, aínda que sempre din que os seus referentes son MC5 e The Stooges, ó que eu vos aputnaría tamén ós Slint. Acaban de publicar este "Innocence" que xa é o seu séptimo LP de estudio, ademáis de un puñado de EPs. Coma en anteriores entregas, para o meu gusto, deberían secuancialo todo de outro xeito, pero teñen temazos moito máis centrados que nos álbumes anteriores... recomendado!

PONTIAK "Innocence"
(Thill Jockey Records, 2014)



miércoles, 26 de febrero de 2014

Paco de Lucía

PACO DE LUCÍA
(1947 - 2014)



The Sharknados en directo no Botica

Este sábado The Sharknados se presentan en público na Botica Rock de Portonovo, despois da súa intróducción informal no Rif-Rock en formato acústico no decembro pasado, agora xa lles toca estrearse coa banda ao completo. A ver se pronto os temos de volta polo Rif, pero mentres os teredes este sábado 1 de marzo na Botica, sorte rapaces!, e se vos pasades ide disfrazados que tamén hai premios...

martes, 25 de febrero de 2014

Novo EP de Curtinaitis

Imos rematando febreiro cun novo traballo dos Curtinaitis. Un EP homónimo no que atopamos catro versións do seu tema 'Curtinaitis' que xa atopábamos no seu LP, coa excusa de entregalo en 4 idiomas distintos, inglés, italiano, castelán, e a versión en galego 'a.k.a. En Curtis pola noite' para botar unhas boas risas. Xa o podedes atopar no bandcamp de Lixo Urbano.

CURTINAITIS "Curtinaitis EP"
(Lixo Urbano, 2014)

lunes, 24 de febrero de 2014

Derf Backderf "Mi Amigo Dahmer"

Xa está aquí un dos comics máis agardados e polémicos (para algúns) dos últimos anos. "Mi Amigo Dahmer", de Derf Backderf, narra a historia do adolescente que logo se convertiría no famoso Carniceiro de Milwaukee, co que o propio autor compartiu aulas e amizade durante os seus anos de instituto. 
Esta obra levou o premio Revelación no 41º Festival Internacional del Cómic de Angoulême celebrado o pasado xaneiro. E xa o temos á nosa disposición da man de Astiberri. A ver se nos facemos pronto con el.

DERF BACKDERF "Mi Amigo Dahmer"
(Astiberri, 2014)


reservádeo xa na web de Astiberri:

En Mi amigo Dahmer, el autor Derf Backderf repasa la adolescencia de uno de sus compañeros de clase, que resultó ser uno de los peores asesinos en serie de la historia de los Estados Unidos.
Premio Revelación 2014 en el Festival Internacional del Cómic de Angoulême.
Jeffrey Dahmer, apodado el El carnicero de Milwaukee, fue uno de los asesinos en serie más célebres de la historia de los Estados Unidos. El autor de esta novela gráfica, Derf Backderf, compartió con Dahmer sus años de instituto y refleja en esta obra precisa y documentada su progresivo descenso a los infiernos. Para Backderf, “Jeff” era una figura mucho más compleja de lo que reflejan los medios, alguien con quien compartió clases, pasillos y paseos en coche.
Mi amigo Dahmer es la historia de la juventud de su protagonista, y de su incapacidad para empatizar con los demás, vista a través de los ojos de uno de sus compañeros de clase. Derf Backderf (periodista de formación) describe la personalidad desfasada de Dahmer, fascinada por los animales muertos y mortificada por su atracción por los hombres. Una obra fascinante y perturbadora a la vez.
El propio Dahmer llegó a asegurar, antes de morir en la cárcel, que “éste es el gran final de una vida malgastada, y el resultado final es abrumadoramente deprimente... La historia de una vida patética, enferma y miserable, nada más”.

cambios de datas...

Cando xa tiñamos case toda a programación de marzo chea se nos cairon unhas cantas datas por diferentes motivos. 
A primeira delas a sesión "Unga Bunga" de Comomepos que tiñamos para o sábado 8 de marzo, teremos que deixala ata... non sabemos cando, pero iso xa é o de menos. Boa viaxe Carlos e moita sorte amigo!! 

Sobre o resto de cambios, nin os notaredes por que aínda non estaban de todo anunciados, pero cambiaremos datas da entrega de Black Grooves de marzo, un directo... xa vos avisaremos de máis cando teñamos todo listo.

domingo, 23 de febrero de 2014

Sábado de entroido: Rufo Vs. Jaleo!!

Supoño que xa esteredes todos preparados para o Entroido non? pois apurade que só queda unha semana!! Nós para o próximo sábado teremos na cabina do Rif-Rock un combate e superheroes dos que meten medo... RUFO VS JALEO!! dous estilos moi distintos, loita de egos, e seguro que ata saen os cronómetros polos aires!! O que imaxinaron a Mervel e DC vai ser un lixo ó lado desto... Non vo-lo perdades!!


sábado, 22 de febrero de 2014

descarga Black Grooves!!

Aquí tedes xa unha hora da sesión de onte mesmo da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! moito James Brown, e polo resto moito r'n'b...

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!" (NSFSeries Vol.18)
(sesión Rif-Rock 21 febr.2014)



jueves, 20 de febrero de 2014

Axxa/Abraxas "Axxa/Abraxas"

Nos estamos encantados con esta avalancha de bandas que se apuntan á neo-psychodelia... sexan por puro hype ou das de verdade. Todas se deixan escoitar e xa faremos a criba con un pouco máis de tempo. Pero mentres estamos nesas, tóda-las semanas nos chegan uns cantos discos do pau que normalmente nos teñen un par de días hipnotizados.
O que máis veces raiamos esta semana foi sen dúbida o debut de Axxa/Abraxas, que é o proxecto de Ben Asbury, un estudiante de Atlanta que despois de varias demos en cassete como Axxa/Abraxas ou como RTA Art Collective, a finais do 2013 conseguía que Captured Tracks lle publicasen o seu primeiro 7'', co single 'I Almost Fell', e coa boa acollida a próxima semana lanzan o seu primeiro Lp homónimo... lo-fi. psychodelia, fuzz tímido e space rock, todo cunhas melodías pop preciosas ('So far away'), e algunha peza máis suxa como 'On the Run'. A única pega é que igual lle sobra algún falsete...

AXXA/ABRAXAS "Axxa/Abraxas"
(Captured Tracks, 2014)



Supersuckers "Get the Hell"

E cando xa pensabamos que o incombustible Eddie Spaghetti se retirara na súa granxa de Arizona, volve con nova entrega dos Supersuckers máis de anos despois. Con este "Get the Hell" xa non dirá cheo de razón que son a banda de rock'n'roll máis grande do mundo... coma nos tempos do "The Evil Powers of R'n'R" pero sempre está ben ter novos temas dos Supersuckers, e soan coma se nunca tiveran parado, con ese peculiar punk-rock sureño e sudado... e con versión dos Depeche Mode incluída.

SUPERSUCKERS "Get the Hell"
(Acetate/Steamhammer, 2014)



miércoles, 19 de febrero de 2014

Robert Casale (Bob #1)

Robert Casale (Bob#1, DEVO)
1952 - 2014



"Entreparadas"

Es sábado proxéctase en Cambados o documental "Entreparadas", un proxecto orixinado en Ourense que trata de concienciar da integración dos discapacitados através de situacións surxidas no transporte público. Está dirixido por Toño Chouza e tivo notable difusión ó longo do 2013, e o que máis nos interesa ademáis do contido, coa participación de Olga González Vilas coma unha das protagonistas.
Será este Sábado 22 de febreiro ás 19:00h. no Auditorio de A Xuventude.


martes, 18 de febrero de 2014

Terbutalina "A Muerte"

A semana pasada veu á luz a sexta entrega dos Terbutalina: "A Muerte". Outra colección de trallazos sen un segundo de concesión, con 10 temas en 15 minutos nos que non deixan títere con cabeza, nin a eles mesmo, xa sabedes hostias para todos. E coma sempre nos deixan o seu traballo de balde dende a súa web (www.terbutalina.net) ou no seu bandcamp.
Ademáis o próximo 7 de marzo o presentan en directo xunto con Demonhigh na Sala Capitol de Compostela.

TERBUTALINA "A Muerte"
(Terbutalina, 2014)



camiseta dos Smiths...

Esta vai para camiseta do ano. Queremos tres polo menos...


lunes, 17 de febrero de 2014

próximamente... RifRocKerZ Experience en directo

Nas próximas semanas vos confirmaremos a data, pero ide preparándovos para un novo concerto da banda da casa, a RifRocKerZ Experience resolvendo un dos grandes enigmas da historia do rock: Quen matou a Brian Jones?...


domingo, 16 de febrero de 2014

descarga tRash Tra$h trAsH #9

Aquí tedes unha hora mesturada da sesión do sábado, todo con rock psych dos últimos anos, a ver se vos gusta...

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #9"
(sesión Rif-Rock 15 febr.2014)
faite con trash#9 aquí.



jueves, 13 de febrero de 2014

"Astro-Zombies" de Ted Mikels (1968)

Xa hai tempo que non vos recomendamos unha pelicula desas frikalladas pouco habituais que tanto nos gustan. Con tóda-las preguntas sobre a imaxe do cartel da sesión deste sábado, aquí o tedes, outra breve entrega de Mondo RifPOP, e esperemos que vos sirva de recomendación para a vosa colección.


A imaxe está sacada dun dos posters promocionais do filme Astro-Zombies de 1968, escrita e dirixida por Ted Mikels, que aínda hoxe segue dirixindo e producindo enxendros coma este, e incluso remakes de remakes do mesmo unha e outra vez... pero seguramente o único filme con certa popularidade da súa carreira foi The Doll Squad, de 1973.

Astro-Zombies é un clasicazo do xénero, no que un mad doctor nun laboratorio espacial crea unha raza de zombies asasinos, pero precisa corpos frescos... e mentres se suceden os violentos asasinatos e as extrañas desaparicións, a CIA se infiltra para poñer fin ó proxecto e outros grupos de espías das potencias enemigas tentan con facerse co seu segredo... 

Tura Satana cun dos Astro-Zombies do Dr.DeMarco.

O filme contaba con Wendell Corey e John Carradine como protagonistas, pero na que o reclamo absoluto recaía na fantástica Tura Satana. Terror, thriller, espias, salas de espectáculo, escenas de puro surrealismo e moito machetazo en plan gore, e ademáis con Tura Satana... Que máis queredes?
Buscádea por que non ten desperdicio!!

Astro Zombies 
USA, 1968
dir: Ted V. Mikels
(ver ficha en IMDB)



Sáb.8 marzo: Comomepós!

Seguimos adiantándovos programación xa cara o próximo mes de marzo: o sábado 8 volve Comomepós á nosa cabina con outra entrega das Unga Bunga Sessions adicado ó garage, surf, psychobilly e moitos monstruos de serie B...


miércoles, 12 de febrero de 2014

Guided by Voices "Motivational Jumpsuit"

Un dos álbumes que máis agardábamos para este comezo do 2014 é o novo dos Guided by Voices, unha das nosas bandas de referencia, que volven con este "Motivational Jumpsuit". 20 novos temas en menos de 40 minutos nun novo exercicio de melodía e imaxinación, moito músculo desta vez, e independencia por encima de todo, e con Robert Pollard nun estado de forma incríble. 
Outra marabilla para a colección!.

GUIDED BY VOICES "Motivational Jumpsuit"
(GbV / Fire Records, 2014)





martes, 11 de febrero de 2014

Novedades Carminha: adianto de "Juventud Infinita"

Xa está aquí o single de adianto do novo álbum dos Novedades Carminha, "Juventud Infinita" que sairá o próximo 12 de marzo. Aquí tedes o tema que da título ao álbum, e con descarga de balde no seu bandcamp.


lunes, 10 de febrero de 2014

Nashville Pussy na Sala Capitol

Si estades buscando un bo plan para metade de semana, e vos podedes achegar a Santiago, Nashville Pussy son a vosa mellor opción. Unha descarga bestial de rock'n'roll e un show único que deberiades ver alomenos unha vez na vida. 
Será o mércores 12, apurade que aínda quedan entradas.


Trash TT & Black Grooves!

Un recordatorio do que aínda nos queda por diante neste mes de febreiro:
Para este sábado (15 febr.) outra entrega de Trash Trash Trash con Psych.Munstaph'a, e o seguinte venres (21 febr) a entrega mensual de música negra coas Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!


domingo, 9 de febrero de 2014

Money for Rope "Been in the Wars"

Se onte vos comentabamos que nos tiñamos que facer co "Been in The Wars" dos Money For Rope, que o ano pasado editaron os de Grabaciones de Impacto, hoxe xa non nos puidemos resistir, e xa o temos encargado. Inclúe os seus catros singles anteriores, coas caras A e B, e tres temas máis do 2013. Podedes escoitalo todo no bandcamp de Grabaciones de Impacto, e ir reservando o voso vinilo, en edición de luxo e precio tirado, que aínda quedan...

MONEY FOR ROPE "Been in the Wars"
(Grabaciones de Impacto, 2013)



sábado, 8 de febrero de 2014

Money for Rope "Money for Rope"

Onte me preguntaron que discos estivera escoitando esta semana, pois sen dúbida o que máis raiamos esta semana o lp de australianos Money for Rope. Ademáis das gañas de tiña de conseguilo dunha vez, e que por fin puiden facerme con el na súa edición orixinal, un discazo de hai ano e medio cunha curiosa amalgama de sons de clasicazos do rock australiano. 
Agora só me falta pillar a edición de aquí por que tamén temos o "Been in the War LP" da man de Grabaciones de Impacto, coma sempre en edición deluxe que inclúe os seus primeiros 4 singles (as oito caras dos 7'', e tres temas novos), a ver se esto último o solucionamos pronto...

MONEY FOR ROPE "Money for Rope"
(Thornbury Records, 2012)


Podedes escoitalo completo no bandcamp de Money for Rope.


viernes, 7 de febrero de 2014

descarga os volumes de OdioComicSans.djSet

Hai un par de semanas tivemos novamente ó dj.set da web OdioComicSans como protagonistas na nosa cabina da man de Comomepós Produccións. Cos seus catro responsables enfrontando diferentes estilos durante toda a noite. 
Foi o pasado 18 de xaneiro e aínda quedaba pendente subir algo de material das súas seleccións, pois ben, aquí está todo, desta vez sen editar, todo tal cual no-lo deixaron por ali tirado... Por suposto son catro volumes, o primeiro de Gall D'Indie, a segunda de Comomepos, a terceira de HereGoesMyGun, e o cuarto de DeLaCuesta. Descargádeo todo, e metédeos ó máximo volume!!

OdioComicSans.djSet
(sesión Rif-Rock 18 xaneiro 2014)
faite cos 4 volumes: vol1 - vol2 - vol3 - vol4.


jueves, 6 de febrero de 2014

Barrence Whitfield & The Savages "Dig Thy Savage Soul"

Outro dos veteranos que tivo un gran ano no pasado 2013 foi sen dúbida Barrence Whitfield. Dende que hai uns cantos anos reformou ós Savages, está nunha forma envexable, e con este "Dig Thy Savage Soul" confirmou que 30 anos despois a súa trituradora de garage-blues funciona mellor que nunca. 
Dende a potencia punk-rock de 'The Corner Men' ata pezas de rhythm'n'blues impecable cheo de matices soul e funk coma 'Bread' ou 'Show me Baby' e por suposto fenomenales descargas de dirty blues coma 'My baby didn't come home' ou 'Hangman's Token'. Outro imprescindible!!


BARRENCE WHITFIELD & THE SAVAGES "Dig Thy Savage Soul"
(Bloodshot Records, 2013)



miércoles, 5 de febrero de 2014

Sábado de Entroido: Rufo Vs Jaleo!!

Aínda faltan semanas, pero xa hai unha data que xa vos podemos adiantar para o próximo mes... o sábado 1 de marzo, o día grande do Entroido, na cabina do Rif-Rock teremos un combate dos que meten medo... RUFO VS JALEO!! dous estilos distintos, loita de egos, e seguro que ata saen os cronómetros polos aires!! O que imaxinaron a Mervel e DC vai ser un lixo ó lado desto... 
Non vo-lo perdades!!


lunes, 3 de febrero de 2014

"La Ciudad Secreta" de Jaime Gonzalo

A míudo compartimos neste blog algunhas das novidades que máis nos sorprenden de Munster Records, pero desta vez, penso que se trata dun dos seus proxectos máis ambiciosos. 
Hai unhas semanas sacarons esta fantástica edición de libro + 3 cds: "La Ciudad Secreta. Sonidos experimentales en la Barcelona pre-olímpica 1971-1991" de Jaime Gonzalo, un dos máis recoñecidos periodistas musicais deste pais, aínda que tamén foi corresponsal nos USA de varios xornais xeralistas, pero habitual entre moitas publicacións nas que traballou e dirixiu coma por exemplo o Ruta66 da que foi un dos seus fundadores.
En La Ciudad secreta o autor fai un repaso ó longo das súas 300 páxinas a dúas décadas de underground en Barcelona, repasando unha escena invisible pero moi fructífera na que atoparedes bandas case inclasificables ou a pura vangarda sonora, con entrevistas e moito material gráfico. Un auténtico compendio arqueolóxico que ademáis acompaña de 3 cds coa súa selección destas bandas prácticamente esquecidas! con 29 temas inéditos ou inaccesibles a día de hoxe. Un traballo incríble.

JAIME GONZALO "La Ciudad Secreta. 
(Sonidos experimentales en la Barcelona pre-olímpica 1971-1991)"
(Munster, 2014)


Toda a info na web de Munster:

A principios y mediados de los 70 tuvo lugar en Barcelona una insólita eclosión creativa que significó la primera manifestación de rock experimental de vanguardia conocida en territorio español. Partiendo del free jazz, pasando por el punk y la música industrial, y llegando hasta la electrónica, varias generaciones de francotiradores se encargarían de afianzar una tradición que, consolidada en los años 80, todavía sobrevive en la actualidad.
Gestada en el underground y tomando el relevo del rock progresivo barcelonés de 1969-73, fue también la primera manifestación de rock independiente conocida en el ámbito estatal, como demuestran el hecho de que Macromassa autoeditaran su primer disco en 1978 y la aparición de otros sellos independientes en Barcelona con anterioridad a la Movida madrileña. Demasiado y demasiado pronto, todas esas rupturas pasaron factura a un movimiento que no fue tal y que obtuvo más repercusión en Francia o Estados Unidos que en España.
Lo arriesgado y minoritario de sus propuestas, el carácter hermético y autosuficiente de unas bandas que no perseguían el reconocimiento popular, el desinterés institucional y el desafecto de un público que se dejaba llevar por los escapistas sonidos de la Transición y el monopolio layetano-salsero de Zeleste, condenaron a la marginalidad a ese periodo que sigue siendo ignorado por las crónicas oficiales a pesar de constituir el más creativo y transgresor de los acontecidos en el acervo cultural reciente de la ciudad de Barcelona.
La Ciudad Secreta, un retrato coral en el que se entrevista a muchos de sus protagonistas, trazando al unísono un análisis de la degradación política y social de Barcelona en el periodo acaecido entre la pre-Transición y las Olimpiadas, se propone restituir identidad y entidad a una estimulante etapa que musicalmente puede compararse a fenómenos como el krautrock en Alemania, Canterbury en Inglaterra y la escena avant rock francesa, generador de un circuito propio, estrechamente ligado a la cultura de fanzines, radios libres y cassettes. Sumergiéndose en las páginas y sonidos de esta aventura, el lector experimentará la misma emoción que pudiera embargar a un arqueólogo al descubrir una civilización ignota.


domingo, 2 de febrero de 2014

Ven.21: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!

E a entrega de música negra de febreiro será o venres 21. Xa vos imaxinades que con moito James Brown. Fuck'U Whiteys... Black Grooves!.


sábado, 1 de febrero de 2014

Sáb.15: Trash Trahs Trash

Xa levamos unhas semanas preparando a programación de febreiro e marzo, así que empezamos a mostrarvos algo do que temos para este mes: o sábado 15 de febreiro outra de entrega de Trash Trash Trash!! a machadazos...