martes, 18 de febrero de 2014

Terbutalina "A Muerte"

A semana pasada veu á luz a sexta entrega dos Terbutalina: "A Muerte". Outra colección de trallazos sen un segundo de concesión, con 10 temas en 15 minutos nos que non deixan títere con cabeza, nin a eles mesmo, xa sabedes hostias para todos. E coma sempre nos deixan o seu traballo de balde dende a súa web (www.terbutalina.net) ou no seu bandcamp.
Ademáis o próximo 7 de marzo o presentan en directo xunto con Demonhigh na Sala Capitol de Compostela.

TERBUTALINA "A Muerte"
(Terbutalina, 2014)



No hay comentarios: