sábado, 31 de diciembre de 2011

que lle den ó 2011, sorte a partires de mañan!!!

RifRocKerZ todos!!! remata un ano que ben se podía ir a tomar polo cú enteiro. Pásamolo ben, moi ben, pero por que somos así de estupendos, por que en realidade foi un ano de moitos paus, pero xa remata, e iso é o que hai que festexar esta noite, que mañan teñades unha boa e ben merecida resaca no sofá e a ver se o luns empeza a ir un pouco mellor para todos!!! 
Saúde e sorte para o 2012 amigos!!! bicos a todos!


e esta noite van cair moitos clásicazos, pero moitos eh????



viernes, 30 de diciembre de 2011

Venres 30: DAVID FALCÓN en concerto!!!

Non vos perdades esta noite (venres 30) o último concerto do 2011, que non se axusta exactamente ós parámetros das Jazzerz Live Series, pero polo seu formato, será a terceira entrega da serie, co directo de DAVID FALCÓN, que nos presentará os seus propios temas (podedes escoitalos no seu soundcloud) e moitos covers de folk norteamericano.


DAVID FALCÓN en concerto.

Venres 30 de decembro, as 23:30h. 

Non vo-lo perdades!


jueves, 29 de diciembre de 2011

Bass Drum of Death "GB City"

Vai rematando o ano, e pensando en discazos que nos quedaron atrás sen dúbida este merece aparecer polo medio, dende o verán máis ou menos que me fixen con el son deixou de soar nin un só fin de semana no local, así que por iso é o álbum desta última semana do ano. Bass Drum of Death son de Mississippi, USA (dunha localidade chamada Oxford) composto por John Barrett e Colin Sneed, guitarra e batería respectivamente, nada de baixos coma o nome poida levara engano, de feito o seu nome ven de cando Barrett comezou actuando como one-man-band tocando el solo coma se fose un trio, e coa incorporación de Sneed mantiveron o nome. "G.B. City" é o seu álbum de debut, rápido, furioso e divertido, son once cañonazos sen pausa, de inspiración sixtie, de garage psych e con moito fuzz, sen pausa e con bastante cacharrería de fondo, como en 'Nerve Jamming' ou máis rítmicos coma no single  'Get Found'. Xa veremos como segue a traxectoria da banda, pero eu levo meses raiando este álbum e non me cansa, e xa vos aviso que vai a estar moi alto na miña selección do mellor do ano...

BASS DRUM OF DEATH "G.B. City"
(Fat Possum /RYKO, 2011)


facédevos con el en Los Mundos de Fede:
*(link vía seu facebook, seguídeo que vale a pena)

Radio Birdman "Radios Appear"

Radio Birdman apenas precisan presentación, unha das grandes institucións australianas que fixeron unha transición perfecta punk-garage-powerpop, e que souberon avellentar con outras etiquetas (os super-grupos New Race e sobre todo New Christs)  aínda que xa sen o dúa Deniz Tek - Rob Younger, e seguir sendo un referente, no 2006 Tek e Younger decidiron retoma-la banda orixinal para publicar o máis que decente "Zeno Beach". Para min unha das bandas fundamentais do último cuarto de século XXI, e de toda a modernidade posterior. Tra-lo seu debut co ep "Burn my eye" en 1976, "Radios Appear" foi o seu primeiro álbum en 1977 e co asombraron a medio mundo, tanto que o seguinte ano tiveron que publicar unha nova edición con máis temas (Radios Appear Overseas Release) sempre co himno 'Aloha Steve and Danno', 'Descent into the Maelstrom', 'What Gives', 'Do the Pop', ou 'Murder City Nights' e  dous covers para rematar, o 'TV Eye' dos Stooges, e o 'You're gonna miss me' dos 13th Floor Elevators. A edición que vos deixo aquí é a reedición remasterizada do 95. Un álbum imprescindible!!! Perfecto para despedi-lo ano.

RADIO BIRDMAN "Radios Appear"
(Trafalgar / Citadel, 1977)


faite con el en Black Insect Laughter.

miércoles, 28 de diciembre de 2011

14 xaneiro SINGLES2011

Seguimos co duro escrutinio de chorradas sen criterio e demáis subxectividades confeccionando as listas con todo o que máis nos gustou neste 2011, a próxima semana poderedes destripalo todo por entregas, e o 14 de xaneiro a sesión...


presentación de "Historias Floreánicas II"

As librarías Cabanillas e Contos convídannos mañan xoves (29 dec.) á presentación en Cambados de "Historias Floreánicas II" de Gogue, unha segunda entrega que contén 300 tiras cómicas diarias de Floreano no Faro de Vigo.
O acto terá lugar no Café Reymar ás 20h. coa presencia do autor meco para introducirnos neste segundo volume e prestarse á sinatura e demáis. 
Ademáis dende esta semana xa podedes segui-las novidades editoriais e as actividades da Libraría Cabanillas no seu facebook.

martes, 27 de diciembre de 2011

Mato Grosso "Blanco Perfecto"


O final do 2011 segue a traernos máis álbumes cos que xa non contábamos, o máis recente de todos eles é este "Blanco Perfecto" dos compostelanos Mato Grosso, nova conversión dos L'Uomo di Gomma (con membros dos Samesugas, The Homens, Fulsomes e The Lorchas), pere seguen coa mesma actitude do it yourself. Despois do Tea Party EP de finais do ano pasado (primeiro publicado por L'UDGO e logo 'reeditado' novamente xa baixo Mato Grosso), esta é a súa nova entrega, e coma sempre ofrécennola de balde no seu bandcamp.

MATOGROSSO "Blanco Perfecto"
(auto - MTGS, 2011)


Podedes escoitalo e descargalo no seu bandcamp:



lunes, 26 de diciembre de 2011

The Allnight Workers, promo 7''

Mentres agardamos polo inminente segundo álbum dos The Allnight Workers (escoitei que sairá en febreiro do 2012) aquí temos un fantástico 7'' promocional para alegrarnos a espera. Pero este single non se vende por separado, somentes se inclúe no pack especial de oferta que nos fan Grabaciones de Impacto para este nadal (máis info aquí). Pola cara a contén 'Sunny Home of Love' e na cara b a espectacular 'You can't make me' e como eles mesmos se encargan de recordarnos single prensado en 100% new virgin compound, unha xoia o miredes por donde o miredes!!. Así que apresurádevos a encargalo, senón sempre podedes escoitalo no seu bandcamp.


sábado, 24 de diciembre de 2011

Boas Festas (por decir algo...)

Hoxe era o día para poñervos o mellor villancico do mundo, e desaxarvos boas festas a todos e todo iso, pero xa se jodeu todo, así esto vai dedicado a Alex, a tódo-los amigos, e moi especialmente á súa nai e os seus irmáns, animo!!!

jueves, 22 de diciembre de 2011

Mudhoney: "Until..." (con Kim Salmon) e "Head on the Curb"

O final deste 2011 estanos a deixar moitas sorpresas, algunhas delas que poucos esperabamos. Unha das gordas é a publicación de dous álbumes inéditos dunha das nosas bandas favoritas: Mudhoney. Non son novos, para nada e ademáis son de natureza moi distinta:

En primeiro lugar unha auténtica xoia para coleccionistas. O Ep titulado "Until..." firmado por Kim Salmon and the Guys from Mudhoney esta é a súa historia un pouco resumida: a finais de 1994 Steve Turner abandonou a banda (aínda que o final resultou ser só unha pequena temporada de relax) e os seus compañeiros pensaron en Kim Salmon para sustituílo. Kim Salmon é unha das grandes institucións do rock australiano, fundador e cabeza pensante dos The Scientists, dos Beasts of Bourbon, ou de Kim Salmon and the Surrealists ademáis de outras moitas formacións paralelas (Antenna, Darling Downs, etc). Completaron unha xira xuntos e grabaron bastantes temas, finalmente Salmon e os membros de Mudhoney decidiron que seguían vías distintas, e Turner volveu á banda. E dende 1995 esas grabacións estiveron no caixón, ata que Mudhoney e Sicientists coincidiron no cartel dun festival en NYC o ano pasado, e puxéronse mans á obra para editar todo ese material, e aquí está da man de Bang! Records (de Munster Recs) con esta espantosa portada... pero este sí, un auténtico disco inédito con puro son 1995!!! lástima que non participara Steve Turner...


KIM SALMON AND THE GUYS FROM MUDHONEY "Untill..."
(Bang! / Munster Recs, 2011)






E despois este "Head on the Curb", que en realidade son demos e descartes do período de "Piece of Cake" de 1992, e agora sae á luz con todo o son crudo propio deste tipo de grabacións, así tal cual, sen apenas procucción. Ahí estaban por suposto Mark Arm, Steve Turner e Dan Peters, e nesta época con Matt Lukin ó baixa tralo seu abandono dos Melvins. ahí atoparedes as primeiras tomas de temas clásicos como 'Ritzville', 'No End in sight', '13th Floor Opening' ou 'Acetone', e ata oito descartes incluíndo o cachondeo do mítico 'I hate the Bloody Queen'.

MUDHONEY "Head on the Curb"
(Sutro Park, 2011)


faite con el no blog Osito Musikero.


miércoles, 21 de diciembre de 2011

descarga Munstapha Black Grooves!!!

Aquí está unha selección da sesión do pasado venres, un novo volume das NiggerSoulFunk: Black Grooves!. Con imprescindibles nunca suficientemente recoñecidos como Danny White, Lee Dorsey, Joe Chopper, Eddio Bo, Gene Chandler e outros consagrados como Hancock ou Mingus...

PSYCH.MUNSTAPHÀ "NiggerSoulFunk Vol.4: Black Grooves!"
(sesión Rif-Rock 16 dec.2011)


descarga Black Grooves!


martes, 20 de diciembre de 2011

14 xaneiro SINGLES2011

Última hora!!! un dos nosos invitados especiais á sesión SINGLES2011 de Kurco e Munstaphà, non poderá asistir, non sei si terá q ver coa folga das aerolíneas ou por algún outro motivo... pero como si estivera!!
Outro persoaxe do ano.

'Bienvenido a mi zombie fiesta', expo de Nuria Díaz

Dende onte xa podedes visita-la exposición da ilustradora Nuria Díaz Bienvenido a mi Zombie Fiesta no Gato Cósmico de Compostela (Rúa Concepción Arenal nº1 local 4). Así no-la presentan na súa web:

“Bienvenido a mi fiesta” é unha exposición de ilustración cun gran carácter narrativo, próxima ó libro infantil ou ó cómic, e que trata dunha festa de aniversario na que todo o mundo o está a pasar ben, até que… chegan uns nenos zombis desexosos de comida fresca! As imaxes son directas e pouco recargadas, xogando cunha paleta de cores cálidos e, a pesares da temática, nada gore. Están realizadas con lápis, acrílicos e collage. Cun estilo entre naif e pop, tódalas ilustracións crean un conxunto e, á súa vez, cada unha garda un senso propio por separado. 

para máis info visitade a web de Nuria Díaz: Krabismos.

lunes, 19 de diciembre de 2011

TRIO PHIL JAZZ GROUP!

Nas dúas entradas anteriores tedes tódo-los videos do concerto do pasado sábado (17 dec) dos TRIO PHIL JAZZ GROUP, no que foi a segunda entrega da serie Jazzerz!
Manuel Méndez, Noli Torres e Rubén Iglesias ofrecéronnos un concerto cheo de guiños o blues e ó rnb, moi rítmico e destacando en especial os seus propios temas e os covers de Coltrane e Hancock. Só subimos 6 videos, pero sirven moi ben de resumo do bo concerto que nos ofreceron para os que non estivéchedes por alí... [pt.1 - pt.2]. 

Tamén podedes ve-los todos seguidos en lista de reproducción:




Trio Phil Jazz Group (live pt.1)

Trio Phil Jazz Group (live pt.2)


viernes, 16 de diciembre de 2011

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Danny White

Willie Mitchell "Solid Soul"

Willie Mitchell é un dos principais referentes do soul de Memphis, xunto con Al Green ou Syl Johnson, ademáis de músico, productor e arranxista, pero sempre destacou como saxofonista e sobre todo polas súas enormes composicións.  Como curiosidade o seu último traballo foi a producción do álbum "Nothing's Impossible" de Salomon Burke, no 2010, que foi o último que fixeron os dous difuntos. "Solid Soul" é o seu noveno álbum de estudio, neste álbum non atoparedes ningún dos seus principais éxitos (como 'That Driving Beat' ou 'The Champion') pero este é un dos álbumes máis elegantes, totalmente instrumental, pura esencia groove!!!


WILLIE MITCHELL "Solid Soul"
(Hi Records, 1969)


Faite con Solid Soul no blog Soundological Investimigations.


Willie Mitchell


martes, 13 de diciembre de 2011

Este Venres: Munstapha Black Grooves!

Commercial Sampler #2

A tenda madrileña Commercial Records, presentou o mes pasado o segundo volume dos seus recopilatorios Commercial Sampler#2, que a diferencia do primeiro adicado a bandas madrileñas, nesta ocasión abarca todo o estado, e ahí están os nosos paisanos Novedades Carminha e os Telephones Rouges compartindo álbum con Lüger, Betunizer ou Mujeres. O álbum está dispoñible de balde en descarga directa dende o seu bandcamp. Para máis info sobre Commercial Records e todo o seu material visitade o seu blog.

V.A. "Commercial Sampler #2"
(Commercial Records, 2011)






14 xaneiro SINGLES2011

E xa temos tamén data para o habitual repaso do ano, será o 14 de xaneiro, SINGLES2011 con Munstaphà e Kurco SoundSystemunha noite para destripa-los mellores álbumes, singles e bandas do 2011, e ademáis esa semana sacaremos as nosas listas e demáis. 
Un mes por diante para preparalo todo...


lunes, 12 de diciembre de 2011

Marinocha Vs. Jomitallas para comezar 2012

A tradición dí que a primeira sesión do ano no Rif-Rock corresponde dende hai moito tempo a Marinocha e Jomitallas, e así será no 2012, o 7 de xaneiro. 


viernes, 9 de diciembre de 2011

The Embrooks "Yellow Glass Perspections"

Unha semana máis recomendareivos un álbum en función das compras vinílicas de semana, nesta época consumista o mércores volvín a casa máis que satisfeito despois de comprar unhas boas gangas, o mellor debeu de ser a cara que se me puxo cando nunha tenda atopei un par de caixóns de vinilos con cartel de todos a 5€. De alí foron para a miña casa o primeiro álbum dos portugueses The Act-Ups ("The Psychedelic Sounds of Today"), o segundo álbum dos Thee Fine Lines "Set you straight", e o tamén o fantástico debut "Love's Dead Leaves" dos The Loons de Mike Stax. E por último o que vos recomendo en primeiro lugar, o "Yellow Glass Perspections" dos Embrooks, do que estaba convencido de que xa o compartíramos neste blog. Os británicos The Embrooks son seguramente a maior referencia do freakbeat do que vai de século (e de finais do anterior), e cunha fórmula impecable na que recuperan a esencia da xeración mod, engadíndolle moito garage, psych, beat e power pop. Se nos seus anteriores traballos (en formato largo ou eps) podían resultar algo máis escuros e menos aptos para tódo-lo públicos, neste último álbum coa producción de Liam Watson o resultado é moito máis luminoso con temas enormes como 'Happy Flicke Girl' ou cover de temas esquecidos tan deliciosos como 'Riding a Wave' dos Turnstyle. Garage co retrovisor sempre posto nos Small Faces e The Who e sen cortarse un pelo á hora de incluir cellos ou piano. Outro imprescindible!

THE EMBROOKS "Yellow Glass Perspections"
(Munster Recs, 2004)


faite con YGP en Trashistors.

Trent Reznor & Atticus Ross "The Girl with the Dragon Tattoo"

Supoño que xa saberedes que en Hollywood están preparando un remake da saga sueca Millenium baseada nas novelas de Stieg Larsson, con Daniel Craig, por que o que fan os demáis non lles vale, por que non venden o seu way of life e todo iso. Pero o que fagan con esa triloxía a min impórtame ben pouco, o relevante é que da banda sonora encárgase Trent Reznor, que mentres ten en parón indefinido ós Nine Inch Nails colleulle o gusto os royalties de hollywood, de novo en colaboración con Atticus Ross e tralo éxito da banda sonora de The Social Network (ademáis de recibir o Oscar e o Golden Globe á mellor música orixinal), agora apúntanse coa bso desta primeira entrega, titulada "The Girl with the Dragon Tattoo"


Non teño nin idea de cando se estrea a película, pero o álbum sae o 27 de decembro, pero dende xa podedes descargar na súa web unha mostra con 6 temas gratuítos con só rexitrarvos... se vos gustou a bso de Social Network, aquí van polo mesmo camiño: Trent Reznor & Atticus Ross.

jueves, 8 de diciembre de 2011

Ven 30: DAVID FALCÓN en concerto

E xa podemos anunciarvos o que será o último concerto do ano, que non se axusta exactamente ós parámetros das Jazzerz Live Series, pero polo seu formato, será a terceira entrega da serie, co directo de DAVID FALCÓN, que nos presentará os seus propios temas (podedes escoitalos no seu soundcloud) e moitos covers de folk norteamericano. 
Será o venres 30 de decembro. Non vo-lo perdades!


Sáb 17: TRIO PHIL JAZZ GROUP en directo

A próxima semana volven as Jazzerz Live Series ó Rif-Rock, coa súa segunda entrega, co directo de
TRIO PHIL JAZZ GROUP 
TPJG son un trío formado por Manuel Méndez á guitarra, Noli Torres á batería e Rubén Iglesias no baixo eléctrico. 
Será o sábado 17, dende as 23:30h.




miércoles, 7 de diciembre de 2011

Esta noite comezamos a semana... e o xoves q?

Esta noite de mércores comezamos no Rif-Rock esta longa fin de semana nesta megaponte de decembro. 
Tras optar polo descanso do luns (que se non ía ser demasiado), hoxe comezamos o que poderá ser unha longa fin de semana cos RifRocKerZ, xa que si hai suficientes calaveras que se apunten, tamén estaremos ahí o xoves no horario habitual.

Así que vós diredes: xoves sí? ou non?

que falen os RifRocKerZ...



Boris Vian "Escritos sobre jazz"

Este vai a ser un dos meus libro favoritos da tempada, e xa está encargado, en realidade é unha compilación de escritos do polifacético Boris Vian na revista Jazz News, foi publicado neste formato por primeira vez en 1984, e agora no 2011 por fin en castelán da man de Backlist, esta é a presentación e sinopsis que eles mesmos nos ofrecen...

Otros autores hablaron antes o después de Boris Vian sobre el jazz: Philip Larkin, Antonio Muñoz Molina o Haruki MUrakami son sólo algunos de los nombres que podríamos listar aquí. Se pone de manifiesto en todos ellos la importancia del rítmo en la buena escritura. El mismo Murakami en un artículo para The New York Times confesaba:"Me preguntaba si sería capaz de traducir la música en escritura. Así fue como mi estilo comenzó. Lo más importante bien sea en la música o en la escritura es el ritmo. El ritmo es lo que hace que el lector continúe leyendo. Aprendí la importancia del rítmo por la música y, principalmente, por el jazz". Y así fue en parte para Boris VIan, quien se inició antes en la música (tocaba la trompeta desde niño) que en la escritura. En Escritos de jazz podemos ver como su estilo descarado, desafiante, provocador se consolida y conecta con su extensa obra. Estamos ante un libro divertido, curioso, emocionante; un texto para nostálgicos, adoradores de la era Bisónica y todos aquellos que quieran descubrir a esta otra faceta de un autor que nunca deja indiferente.

Sinopsis: Primero fue el jazz, después llegaron la poesía, la novela, el teatro. Quizá no sea casualidad que el ritmo envenenado de sus textos esté relacionado directamente con su condición de intérprete, el humo, el alcohol y la misma naturaleza tóxica del jazz. Y así fue como Boris Vian comenzó a escribir para Jazz Hot, Combat, Spectacles... Pero fue en Jazz News donde ejerció como un redactor jefe... terrible. 
París, los conciertos de Duke Ellington, Charlie Parker, MIles Davis y las consideraciones más mordaces sobre el jazz y sus críticos son una parte de la ingente obra de Vian que se recoge aquí. Esta edición incluye "La colección Phillips", un suerte de canon de un hombre que moriría en un cine mientras visionaba la adaptación de "Escupiré sobre vuestra tumba". Sin embargo, la música no dejó de sonar.
BORIS VIAN "Escritos sobre jazz"
(Backlist / Planeta del Libro, 2011) 


lunes, 5 de diciembre de 2011

Liga de Bocazas X10.

Toca repaso da nosa Liga de Bocazas dos Venres no Rif tra-la xornada 10.

Así foi o top 10 desta semana:
1º munstaphas 174,80
2º Asec 164,40
3º La Serna 90 164,20
4º Muñequita Linda 163,40
5º JuanRi Team 158,80
6º O Maximo 158,60
7º Katiuskas 158,00
8º Bocadillo de champu 157,20
9º SijoSinConoserANadie 155,40
10º moules team 2.0 152,80

E así vai a clasificación Xeral tras estas 10 primeiras xornadas:
1º Muñequita Linda 1.539,60
2º Ruletita Ruletita...13rojo 1.467,60
3º O que Hay e Moito Vividor... 1.459,20
4º Asec 1.415,80
5º Bocadillo de champu 1.384,40
6º moules team 2.0 1.381,20
7º Covirán Tragove II 1.377,20
8º Atutichurrasco (and again, and again...) 1.372,00
9º Smashing Patakas II 1.354,20
10º munstaphas 1.329,00

domingo, 4 de diciembre de 2011

The Fall, documental inédito en Nothern Cream.



Buscando polo Ersatz GB atopeime con unha boa sorpresa máis... o dvd do 2009 Northern Cream, The Fall DVD That Fights Back! que en realidade é unha auténtica xoia de revivalismo xuvenil, con dous concertos integros do ano 1981, dous máis, que si ben eran unha banda demoledora nos directos deses momento, o que máis me interesa deste dvd é o segundo capítulo da obra, un documental inédito ata ese momento, titulado sinxelamente "The Fallescrito, dirixido e producido por Nick Middle en 1994, cunha interesante entrevista a Mark E. Smith e coa colaboración de John Peel, aínda vivo daquela e fan numero un declarado da banda de Manchester. Unha compilación enorme, coma case sempre, dende a pegata central da cuberta, con ese ...this is the home of the vain!! do seu maior himno 'The Classical' ata o peche do documental co  pop naïf '15 Ways'. Aquí o tedes completo:

THE FALL, rare previously unreleased documentary
(incl. Nothern Cream, The Fall DVD That Fights Back!)
1994, Nick Middle / ed.2009
documental

sábado, 3 de diciembre de 2011

The Fall "Ersatz GB"

Xa xei que ás veces me repito, pero xa sabedes que The Fall e todo o universo de Mark E. Smith é unha das miñas maiores debilidades, e coma nos últimos anos, a mediados de novembro chega unha nova entrega de estudio, o deste ano titúlase "Ersatz G.B.", e van 29 de estudio, e coma sempre ó seu aire, co seu personal estilo, e meténdose con todo cristo, desta vez coas redes sociais, gossip girl... sempre pasando das melodías, todo nervio! Mark E. Smith ten a virtude de que calqueira cousa que faga sona a The Fall, así atopamos dende a apertura con 'Cosmos 7' unha volta ó seu son de finais dos 70, as tremendas 'Taking Off' e sobre todo 'Nate will not return', pasando polos exercicios de baixo de 'Monocard', a dozura pop de 'Happi Song' (donde lle cede as voces principais á teclista Eleni Puoulou), e case tamén en 'Laptop Dog', ou o rockabilly de 'Mask Search'. 
Sempre The Fall!!! 

THE FALL "Ersatz G.B."
(Cherry Red Recs, 2011)


faite con el en Radio Free Europe.


jueves, 1 de diciembre de 2011

Fugazi Live Series

Xa vos temos falado das Live Series de Fugazi, unha das nosas bandas de referencia, son unha colección dos seu concertos que foron editando unha vez   que a banda puxo punto e final (supoñemos). As Live Series ata o de agora eran unha colección de 30 concertos publicados, cun son máis que correcto se apenas post-producción, e hoxe é o día que que o proxecto medra. 


Pero eso era só unha mínima parte dos máis de mil concertos que atesora a banda, e máis de 800 están perfectamente grabados, coma os que dispoñíamos ata hoxe. Este 1 de decembro foi o día escollido para comezar a publicación masiva  de todo o material. Hoxe mesmo na web de Dischord Records ábrese o apartado Fugazi Live Series, donde xa están dispoñibles 130 concertos (os 30 editados ata agora, e un centenar máis) e así seguirán pouco a pouco subindo material ata chegar a superar os 800 concertos. Na mesma páxina tedes indexado todo catálogo dos seus concertos, e un sinxelo buscador para atopar calqueira que busquedes, e indicando si está grabado ou non e a súa dispoñibilidade de descarga. Para facervos con eles só teredes que indicar o precio que vos queirades, pero a banda recomenda pagar 5$ para a sustentabilidade do proxecto. Eu xa me vou a poñer agora a revisar todo, e coa gran dúbida de cando subirán o concerto de 1995 no Número K de Santiago (na súa web localizado como San.deCampostela), e está grabado, pero aínda non dispoñible... eu estiven alí!!!

martes, 29 de noviembre de 2011

Docteur Legume et Les Surfwerks

Docteur Legume é o novo alias do italiano Massimiliano Bocchio, logo de deixar atrás a electrónica de Klange, Modified Ambience ou os Urbanatribu, lanzouse cun proxecto de surf espacial con este alter-ego afrancesado, nos seus comezos como solista, dende aquel "3D Robot Monster" do 2009, e agora xa acompañado (aínda que pouco) por Les Surfwerks. Neste final de 2011 regálanos dous álbumes na súa web. Son "La Planète Sauvage" e "Outer-Space Spaghetti Surf", o primeiro deles máis experimental e o segundo con reminiscencias máis clásicas, pero sen apartarse nunca dos instrumentais inspirados no cinema de ciencia ficción da primeira metade de século XX, das series de espías e dos westerns... así que xa vos podedes imaxinar: surf, trash, exótica, guitarras twang co reverb a tope, e moitos efectos cinematográficos... tamén podedes seguilo no seu blog.

DOCTEUR LEGUME ET LES SURFWERKS "La Planète Sauvage. 
(10 songs about sex and psychopathy)". (Massimiliano Bocchio/Dr.Legume, 2011)
descarga La Planète Sauvage aquí.


DOCTEUR LEGUME ET LES SURFWERKS "Outer-Space Spaghetti Surf with...". 
(Massimiliano Bocchio/Dr.Legume, 2011)


e aquí tedes un par de videos tamén montados por Bocchio, 
sempre empregando o corta e pega das súas películas favoritas:

lunes, 28 de noviembre de 2011

Rif-RockSeries Vol.150

Por unha vez e sen que sirva de precedente, ahí vai outro novo volume das nosas series recopilatorias de cada par de semanas, vamos, o que soa a diario no Rif-Rock. Sodes moitos os que nos pedides que as subamos á web dos rifrockerz para compartilas, pero non daríamos feito tóda-las semanas. Desta vez deixámonos ir por ser un número tan significativo como é o volume 150... coma sempre moita actualidade e algunha rareza polo medio, así que ahí vos queda, a desfrutalo. Descarga Rif-RockSeriesVol.150 - enlace RR150 en MFire.


David Falcón no Dado Dadá

Esta noite no Jazz Club Dado Dadá de Compostela, David Falcón en directo, dentro do ciclo Novos Valores que o clube programa ata finais de xaneiro, será ás 21:00h. E a ver si pronto o temos polo Rif-Rock dando a brasa...

sábado, 26 de noviembre de 2011

Neil Young & Crazy Horse "Zuma"

O clásico desta semana tamén é un deses que non precisa de ningunha presentación... pero foi o primeiro álbum de Neil Young que tiven nas miñas máns, e daquela fascinoume a súa guitarra, pero sobre todo pareceume o disco máis triste que escoitara na miña vida por moito q empezara do 'Don't Cry no tears' (poñedelle que tiña 13 ou 14 anos), logo co tempo souben que era o disco máis alegre de Neil Young en moitos anos, ou o máis rabioso, e por moito tempo tiven 'Danger Bird' e 'Drive Back' como temas de cabeceira... É o seu séptimo álbum en solitario, e o terceiro deles nos que o acompaña a Crazy Horsee e o asunto é que esta semana conseguin unha copia en vinilo de auténtica ganga! e por eso, e por imprescindible lle toca sé-lo clásico desta semana.


NEIL YOUNG & CRAZY HORSE "Zuma"
(Reprise Recs, 1975)



viernes, 25 de noviembre de 2011

The Frowning Clouds "All Nigh Long"

Pouco traballamos esta semana no blog, e hoxe non o imos a arranxar, pero ahí vai un dos temas que non me saiu da cabeza en toda a semana... The Frowning Clouds son unha banda australiana de r'n'b e garage que comezaron sendo uns imberbes adolescentes, e agora (aínda que non pasou moito tempo) xa son toda unha referencia e a gran esperanza do xénero. Tras varios 7'' o ano pasado publicaron o ep "Diamonds and Clubs" e o seu debut en formato longo "Listen Closelier" (Off the Hip, 2010). Neste 2011 o seu novo 7'' chega da man do selo sevillano Saturno Records, con dous temas, o impresionante 'All Night Long' e 'Dame a Dozen' na cara b, para ir facéndonos máis ganas do seu próximo álbum...


THE FROWNING CLOUDS "All Night Long"
(Saturno Records, 2011)


faite con el no blog Nosotros Somos Los Muertos:
*tamén tedes no mesmo blog outra entrada con outro 7'', un ep e o seu primeiro álbum.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Jazz Standards Workshop!

Nas anteriores entradas tedes tódo-los vídeos do concerto do pasado venres (18 de nov) dos JAZZ STANDARDS WORKSHOP! que inauguraba a serie Jazzerz... como non podía ser doutro xeito ahí estaba o mestre Paco Charlín, que non se podía perder o evento, pero desta vez camuflado como Nilrahc Satrop detrás da batería, e seguro que foi o que mellor o pasou de todos!! e moi ben acompañado por Alberto Rial e a Valentín Caamaño. Moitas gracias ós tres cracks!!! Só temos nove videos dos dous pases que nos ofreceron, e algún non está completo, pero esperamos que vos sirvan para os que non estivéchedes alí para velo en directo [pt.1 - pt.2 - pt.3].

Tamén podedes velos todos seguidos en lista de reproducción: 
Jazz Standards Workshop! (Jazzerz Live Series).


E o próximo mes máis con Trio Phil Jazz Group, será o 17 de decembro. 
Non vo-lo perdades!!!