viernes, 9 de diciembre de 2011

Trent Reznor & Atticus Ross "The Girl with the Dragon Tattoo"

Supoño que xa saberedes que en Hollywood están preparando un remake da saga sueca Millenium baseada nas novelas de Stieg Larsson, con Daniel Craig, por que o que fan os demáis non lles vale, por que non venden o seu way of life e todo iso. Pero o que fagan con esa triloxía a min impórtame ben pouco, o relevante é que da banda sonora encárgase Trent Reznor, que mentres ten en parón indefinido ós Nine Inch Nails colleulle o gusto os royalties de hollywood, de novo en colaboración con Atticus Ross e tralo éxito da banda sonora de The Social Network (ademáis de recibir o Oscar e o Golden Globe á mellor música orixinal), agora apúntanse coa bso desta primeira entrega, titulada "The Girl with the Dragon Tattoo"


Non teño nin idea de cando se estrea a película, pero o álbum sae o 27 de decembro, pero dende xa podedes descargar na súa web unha mostra con 6 temas gratuítos con só rexitrarvos... se vos gustou a bso de Social Network, aquí van polo mesmo camiño: Trent Reznor & Atticus Ross.

No hay comentarios: