jueves, 22 de diciembre de 2011

Mudhoney: "Until..." (con Kim Salmon) e "Head on the Curb"

O final deste 2011 estanos a deixar moitas sorpresas, algunhas delas que poucos esperabamos. Unha das gordas é a publicación de dous álbumes inéditos dunha das nosas bandas favoritas: Mudhoney. Non son novos, para nada e ademáis son de natureza moi distinta:

En primeiro lugar unha auténtica xoia para coleccionistas. O Ep titulado "Until..." firmado por Kim Salmon and the Guys from Mudhoney esta é a súa historia un pouco resumida: a finais de 1994 Steve Turner abandonou a banda (aínda que o final resultou ser só unha pequena temporada de relax) e os seus compañeiros pensaron en Kim Salmon para sustituílo. Kim Salmon é unha das grandes institucións do rock australiano, fundador e cabeza pensante dos The Scientists, dos Beasts of Bourbon, ou de Kim Salmon and the Surrealists ademáis de outras moitas formacións paralelas (Antenna, Darling Downs, etc). Completaron unha xira xuntos e grabaron bastantes temas, finalmente Salmon e os membros de Mudhoney decidiron que seguían vías distintas, e Turner volveu á banda. E dende 1995 esas grabacións estiveron no caixón, ata que Mudhoney e Sicientists coincidiron no cartel dun festival en NYC o ano pasado, e puxéronse mans á obra para editar todo ese material, e aquí está da man de Bang! Records (de Munster Recs) con esta espantosa portada... pero este sí, un auténtico disco inédito con puro son 1995!!! lástima que non participara Steve Turner...


KIM SALMON AND THE GUYS FROM MUDHONEY "Untill..."
(Bang! / Munster Recs, 2011)






E despois este "Head on the Curb", que en realidade son demos e descartes do período de "Piece of Cake" de 1992, e agora sae á luz con todo o son crudo propio deste tipo de grabacións, así tal cual, sen apenas procucción. Ahí estaban por suposto Mark Arm, Steve Turner e Dan Peters, e nesta época con Matt Lukin ó baixa tralo seu abandono dos Melvins. ahí atoparedes as primeiras tomas de temas clásicos como 'Ritzville', 'No End in sight', '13th Floor Opening' ou 'Acetone', e ata oito descartes incluíndo o cachondeo do mítico 'I hate the Bloody Queen'.

MUDHONEY "Head on the Curb"
(Sutro Park, 2011)


faite con el no blog Osito Musikero.


No hay comentarios: