lunes, 26 de diciembre de 2011

The Allnight Workers, promo 7''

Mentres agardamos polo inminente segundo álbum dos The Allnight Workers (escoitei que sairá en febreiro do 2012) aquí temos un fantástico 7'' promocional para alegrarnos a espera. Pero este single non se vende por separado, somentes se inclúe no pack especial de oferta que nos fan Grabaciones de Impacto para este nadal (máis info aquí). Pola cara a contén 'Sunny Home of Love' e na cara b a espectacular 'You can't make me' e como eles mesmos se encargan de recordarnos single prensado en 100% new virgin compound, unha xoia o miredes por donde o miredes!!. Así que apresurádevos a encargalo, senón sempre podedes escoitalo no seu bandcamp.


No hay comentarios: