domingo, 4 de diciembre de 2011

The Fall, documental inédito en Nothern Cream.



Buscando polo Ersatz GB atopeime con unha boa sorpresa máis... o dvd do 2009 Northern Cream, The Fall DVD That Fights Back! que en realidade é unha auténtica xoia de revivalismo xuvenil, con dous concertos integros do ano 1981, dous máis, que si ben eran unha banda demoledora nos directos deses momento, o que máis me interesa deste dvd é o segundo capítulo da obra, un documental inédito ata ese momento, titulado sinxelamente "The Fallescrito, dirixido e producido por Nick Middle en 1994, cunha interesante entrevista a Mark E. Smith e coa colaboración de John Peel, aínda vivo daquela e fan numero un declarado da banda de Manchester. Unha compilación enorme, coma case sempre, dende a pegata central da cuberta, con ese ...this is the home of the vain!! do seu maior himno 'The Classical' ata o peche do documental co  pop naïf '15 Ways'. Aquí o tedes completo:

THE FALL, rare previously unreleased documentary
(incl. Nothern Cream, The Fall DVD That Fights Back!)
1994, Nick Middle / ed.2009
documental

No hay comentarios: