jueves, 29 de diciembre de 2011

Bass Drum of Death "GB City"

Vai rematando o ano, e pensando en discazos que nos quedaron atrás sen dúbida este merece aparecer polo medio, dende o verán máis ou menos que me fixen con el son deixou de soar nin un só fin de semana no local, así que por iso é o álbum desta última semana do ano. Bass Drum of Death son de Mississippi, USA (dunha localidade chamada Oxford) composto por John Barrett e Colin Sneed, guitarra e batería respectivamente, nada de baixos coma o nome poida levara engano, de feito o seu nome ven de cando Barrett comezou actuando como one-man-band tocando el solo coma se fose un trio, e coa incorporación de Sneed mantiveron o nome. "G.B. City" é o seu álbum de debut, rápido, furioso e divertido, son once cañonazos sen pausa, de inspiración sixtie, de garage psych e con moito fuzz, sen pausa e con bastante cacharrería de fondo, como en 'Nerve Jamming' ou máis rítmicos coma no single  'Get Found'. Xa veremos como segue a traxectoria da banda, pero eu levo meses raiando este álbum e non me cansa, e xa vos aviso que vai a estar moi alto na miña selección do mellor do ano...

BASS DRUM OF DEATH "G.B. City"
(Fat Possum /RYKO, 2011)


facédevos con el en Los Mundos de Fede:
*(link vía seu facebook, seguídeo que vale a pena)

No hay comentarios: