Mostrando entradas con la etiqueta rifrockerzDjSet. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rifrockerzDjSet. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de marzo de 2020

[Revival] Scary Monsters, o noso tributo a Bowie

Tal día coma hoxe do 2016 estabamos cunha boa resaca logo do concerto dos Scary Monsters. Foi o noso tributo a Bowie, con todos os da banda da casa ao completo. 
Menuda noite!!


Na etiqueta RifRockerZ from Mars tedes tódolos vídeos, promo e demáis material. 
concerto completo aquí:


miércoles, 19 de febrero de 2020

RifRockerz no facebook

Mudamos o nome da nosa páxina no facebook, que xa ían sendo horas.
Agora sinxelamente RifRockerz, para darlle continuidade ao blog no que seguiremos a publicar reseñas, recomendacións, artigos e avisando das próximas actividades nas que nos involucremos, e porque non, facer algo de revival cando toque. Saúde!.


jueves, 16 de enero de 2020

Singles2019

Rematamos co noso repaso ao 2019. Este ano con menos material que noutras ocasións, só coas seleccións dos discos do ano a cargo dos máis habituais da nosa cabina e algún máis... e a revisión de tódolos posters do 2019 ata que chegou a despedida do local.


Se quederes darlle un repaso, seguide a etiqueta Singles2019
E se as preferides por separado, aquí as tedes todas: Escalenux, Ptooff!, Munstaphá, Gulitronic, Kurco e Calambres, ademáis das habituais do Black Grooves e do GZ Canibal. Repasádeo todo, e que non vos quede ningún atrás.

jueves, 2 de enero de 2020

Singles 2019


Un clasicazo de cada comezos de ano: as listas co mellor de cada ano seleccionadas polos habituais da nosa cabina.
Nas próximas semanas comezamos a compartilas, e desta vez seguro que haberá moi poucas coincidencias. Veremos...

lunes, 30 de diciembre de 2019

RifRocKerZ 2020


Logo da despedida do local baixamos moito a nosa presenza nas redes, e tamén a actividade neste blog, pero tal e como vos prometimos seguiremos co blog dos RifRocKerZ. 
A través del tentaremos recuperar moito do material audiovisual de tantos anos que aínda temos no baúl, pero tamén o empregaremos para continuar coas recomendacións de música, libros, concertos ou da actualidade cultural máis próxima, así como de calquera dos eventos nos que nos vaiamos involucrando. 
De primeiro, xa vos avisamos que estamos a preparar, como cada ano, as nosas listaxes cos mellores discos do 2019, coma sempre seleccionadas polos habituais da nosa cabina, e máis adiante iremos retomando o pulso da actualidade, e seguramente que con máis colaboradores que antes.
Seguide atentos! 
E feliz 2020 para todos!



sábado, 21 de diciembre de 2019

A cabina no último fin de semana

Aquí tedes unhas capturas dos que se fixeron cargo da cabina durante o último fin de semana da nosa despedida... E debeixo un instante do show de Calambres aos mandos. Grazas amigos, tremendos!


martes, 13 de agosto de 2019

Esta semana, de mércores a sábado

Imos a por outro finde longo... 
Esta semana estaremos de mércores a sábado co horario habitual.
RifRocKerZ.djSet!


martes, 30 de julio de 2019

Esta noite comezamos...

Nós xa arrancamos esta noite o Albariño 2019!!
Como cada ano, comezamos un día antes, xa nos arrepentiremos cando chegue o fin de semana, pero as tradicións son as tradicións...
Corte de cinta oficioso, chupinazo, e sesión sorpresa. 
Só para valentes!! 



miércoles, 24 de julio de 2019

Esta semana, de mércores a sábado

Imos colléndolle o pulso ao verán pouco a pouco.
Esta semana estaremos de mércores a sábado co horario habitual.
RifRocKerZ.djSet


domingo, 21 de abril de 2019

martes, 16 de abril de 2019

esta semana, de mércores a sábado!

Esta semana, abriremos de mércores a sábado co horario habitual.
Sen programa pechado, pero con moitas ameazas de asaltar a cabina nestes días... a ver que pasa!!


lunes, 14 de enero de 2019

Singles2018


O resumo das nosas seleccións do 2018. 
Este ano con menos categorías, por mor do pouco tempo dispoñible, pero tamén, non o imos negar, porque non foi un ano que nos deixara grandes álbumes. 
O 2018 foi un ano con moitos temas que nunca esqueceremos, e moitos 7'' que chegaron ás nosas mans, pero álbumes realmente salientables poucos ou ningún. Nin sequera fixemos a selección habitual da mellor portada, foi grave o asunto...
Seguídeo todo na etiqueta Singles2018. A nosa selección de clips; as listas dos picadiscos habituais, a de Kurco, a de Calambres, a de Munstaphá, a de Ptooff e a de Escalenux; e as nosas seleccións específicas de cada ano, a de Black Grooves, e o noso top 10 do GZ Canibal.
Repasádeo todo.

viernes, 4 de enero de 2019

Sesións do 2018


Este ano compartimos moi poucas sesións, e todas da primeira metade do ano. 
Aquí podedes repasar as que subimos: 
Comezamos o ano coa tradicional recopilación de singles con todo o mellor do ano anterior, mesturada por Kurco e Munstaphá: Singles2017
A sesión #3 de Escalenux, do 17 de febreiro. 
Da nosa programación especial de marzo OSLF, deixamos dúas entregas: a de PauPau a Go-gó do 3 de marzo, e a de Dark Black do día 24. 
Da serie Trash só deixamos unha, o número Trash#22, do 6 de abril. 
E da serie Black Grooves deixamos tres volumes: Vol.54 de xaneiro, Vol.55 de febreiro, Vol.56 de abril.
Esta semana xa retomamos a programación, así que non as perdades porque non prometemos compartir moitas das que veñan.

martes, 1 de enero de 2019

2019

Tremenda festaza onte, así se cambia de ano!!
Gracias infinitas a Cuatro Fotos polo espectáculo de cada ano.
Agora a polo 2019...


lunes, 31 de diciembre de 2018

Fin de Ano 2018

FELIZ ANO A TODOS!!
Que o 2019 sexa todo o que vós queirades, e aínda mellor!
E si queredes, esta noite no Rif-Rock: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!
Non atoparedes un plan mellor para comeza-lo ano. 
Apertura ás 00:30h. 


lunes, 24 de diciembre de 2018

Bo Nadal

Bo Nadal a todos!!
Que pasedes unhas boas festas na mellor compañía.
E xa sabedes, despois dunha boa cea, nós estamos de volta no Rif-Rock pouco máis tarde da medianoite.


lunes, 17 de diciembre de 2018