Xa vos temos falado das Live Series de Fugazi, unha das nosas bandas de referencia, son unha colección dos seu concertos que foron editando unha vez que a banda puxo punto e final (supoñemos). As Live Series ata o de agora eran unha colección de 30 concertos publicados, cun son máis que correcto se apenas post-producción, e hoxe é o día que que o proxecto medra.
Pero eso era só unha mínima parte dos máis de mil concertos que atesora a banda, e máis de 800 están perfectamente grabados, coma os que dispoñíamos ata hoxe. Este 1 de decembro foi o día escollido para comezar a publicación masiva de todo o material. Hoxe mesmo na web de Dischord Records ábrese o apartado Fugazi Live Series, donde xa están dispoñibles 130 concertos (os 30 editados ata agora, e un centenar máis) e así seguirán pouco a pouco subindo material ata chegar a superar os 800 concertos. Na mesma páxina tedes indexado todo catálogo dos seus concertos, e un sinxelo buscador para atopar calqueira que busquedes, e indicando si está grabado ou non e a súa dispoñibilidade de descarga. Para facervos con eles só teredes que indicar o precio que vos queirades, pero a banda recomenda pagar 5$ para a sustentabilidade do proxecto. Eu xa me vou a poñer agora a revisar todo, e coa gran dúbida de cando subirán o concerto de 1995 no Número K de Santiago (na súa web localizado como San.deCampostela), e está grabado, pero aínda non dispoñible... eu estiven alí!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario