jueves, 29 de diciembre de 2011

Radio Birdman "Radios Appear"

Radio Birdman apenas precisan presentación, unha das grandes institucións australianas que fixeron unha transición perfecta punk-garage-powerpop, e que souberon avellentar con outras etiquetas (os super-grupos New Race e sobre todo New Christs)  aínda que xa sen o dúa Deniz Tek - Rob Younger, e seguir sendo un referente, no 2006 Tek e Younger decidiron retoma-la banda orixinal para publicar o máis que decente "Zeno Beach". Para min unha das bandas fundamentais do último cuarto de século XXI, e de toda a modernidade posterior. Tra-lo seu debut co ep "Burn my eye" en 1976, "Radios Appear" foi o seu primeiro álbum en 1977 e co asombraron a medio mundo, tanto que o seguinte ano tiveron que publicar unha nova edición con máis temas (Radios Appear Overseas Release) sempre co himno 'Aloha Steve and Danno', 'Descent into the Maelstrom', 'What Gives', 'Do the Pop', ou 'Murder City Nights' e  dous covers para rematar, o 'TV Eye' dos Stooges, e o 'You're gonna miss me' dos 13th Floor Elevators. A edición que vos deixo aquí é a reedición remasterizada do 95. Un álbum imprescindible!!! Perfecto para despedi-lo ano.

RADIO BIRDMAN "Radios Appear"
(Trafalgar / Citadel, 1977)


faite con el en Black Insect Laughter.

No hay comentarios: