guía completa das actividades dos RIFROCKERZ: artigos, programacións, sesións, concertos, publicacións, etc
lunes, 16 de mayo de 2011
Keith Kessel "Don't Crowd Me"
[entrada re-subida, era do pasado xoves 12, de cando se caeu blogger]
Seguimos introducindo a sesión de mañan con máis fenómenos efímeros. The Impulses era unha banda de Seattle, formada en 1964, coma case todas sen saír do circuito de clubes locais, no que chegaron a ter un éxito bastante considerable, as composicións do seu lider Keith Kessel así coma os arranxos das versións que facían apuntaban a algo grande. En 1966 The Impulses conseguiron un contrato para lanza-lo seu primeiro single, un 7'' que debería levar na cara a, o seu éxito 'Don't Crowd Me', e na b 'Morning Sunshine'. Durante a gravación apareceron problemas entre a disqueira e o estudio, a gravación aplazouse, e o seu debut tivo que retrasarse, ó ano seguinte a banda disolveuse e nada máis se volveu saber do Impulses. Pero Keith Kessler seiguiu co seu empeño de grava-los seus temas, e así en 1968 conseguiu un acordo con Mike Wing para que pagase a debeda co estudio para libera-lo seu tema, e financiase a edición. E así foi, "Don't Crowd Me" foi publicado en 1968 por Keith Kessel (xa sin The Impulses), e converteuse nun éxito tremendo, ademáis do ben que quedaba na historia iso de ser unha banda fantasma. O tema responde á perfección cos parámetros do proto-punk do noroeste dos USA daquela época pero cunha rítmica beat moi pouco habitual. A letra, en contra das corporacións, dos gobernos, da guerra do vietnam e das masas que se deixan ir... Kessel sacouse a espiña, pero apesar do éxito abandonou a música. Don't Crowd Me!!!
A montaxe do video con Harvey Keitel é bastante apropiada...
No hay comentarios:
Publicar un comentario