viernes, 6 de noviembre de 2009

O álbum da semana: "Down with liberty... up witn Chains!!!" de Chain & the Gang

Para recupera-lo ritmo de publicacións, e máis que nada para ir comezando a fin de semana con moito ritmo (non hai nada oficialmente programado, pero van ser 2 días de rarezas no Rif-Rock) aquí vos deixo o álbum desta semana. Chain and the Gang é o novo proxecto do chalado Ian Svenonious (Nation of Ulysses, The Make-Up, Weird War...) que coma sempre nos presenta una colección de boas cancións nas que a reivindicación (e renovación) da música negra (está totalmente colgado...) mesturada con punk, e moito pop (con The Make-Up proclamouse creador do sonido Golpel-Yeah!!!), saturado de mensaxes políticas anticapitalistas e anti USA (e leva toda a vida facendo a guerra dende dentro, no mesmísimo Washington DC), sempre tentando levarse por diante a todo aquel que leva a libertade por bandeira... i é que si el mandara os USA serían unha dictadura que deixaría en ridiculo ó propio Stalin e a tódo-los ideais de Fontainebleau, Bakunin ou Pol-Pot... Esta vez un pouco máis pausado que nas anteriores propostas, pero igual de efectivo, quizáis máis persoal, ou quizáis menos festeiro polos tempos que corren... pero o resultado é un álbum fantástico, moi na súa liña, con moitos cambios de ritmo e sobre todo moi atrevido... experimentade o seu gospelpunk!!!

CHAIN AND THE GANG
"Down with Liberty... Up with Chains"
(K Records, 2009)


descargádeo no blog Allnighterkid World:
[tedes o enlace no primeiro comentario da entrada]

No hay comentarios: