miércoles, 9 de julio de 2008

THE BARRACUDAS - Summer Fun!

En pleno 1978, nun Londres petado de punks, e xa post-punks (case aniquilados os rockers) cando a filosofia individualista, o narcisismo, a angustia vital e a desesperación acadaban as cotas máis altas na sugestión colectiva, comezaron a aparecer bandas que falaban dunha vida mellor, de diversión sen máis, era a segunda era Mod, e neste pseudos-movimento post-revivalista se mesturaron o rhythm’n’blues, o soul e tóda-las características dos modernistas cunha filosofía que fuxía do existencialismo e pregoaba a volta (un revival máis que unir á etiqueta) á musica festiva, recuperando, desta vez sen vergoña o ritmos negroides máis marxinais, procedentes do caribe (ska, calypso, reauge, ragga...) outros daban un gran salto á NYC para compincharse cos emigrantes latinos que xa converteran a salsa en Bógalo... Bandas como The Specials, The Lambrettas ou Madness conseguiron encauzar a furia dos punkis de postal hacia unha festa continua... neste contexto apareceron os raros, que foron máis alá...
unha banda que en esencia se adicaba ó revival garagero, pero á que lle engadiron sen vergoña algunha a música surf, e incluso foron máis alá, optando pola vertente máis popeira da costa oeste... conseguindo unha fórmula única.

Comezaron adicados ó garage-punk máis ortodoxo, reivindicándose como estandartes do revivalismo sixtie, pero só se comezou a falar deles polas versións que facían dos Flamin’ Groovies. Ata que chegou 1981. Os Barracudas publican “Drop Out with The Barracudas” un disco fantástico, fresco aínda hoxe, (iso que nel suplican para que volva 1965!!!) e que inclúe o seu único éxito comercial ‘Summer Fun’... sempre apetece escoitar este tema, pena que no video da actuación non está esa tremenda intro, na que que dous locutores de radio presentan o tema, e un deles, incapaz de pronunciar barracudas, termina por presentar a The Ba-Ba-Rah-Rah-Cu-Cu-Da-Da!!!

Ahí os tedes en directo...

The Barracudas – Summer Fun:

e aquí os descargades en estudio, do blog dos Secretos Mellor Gardados...

http://www.mediafire.com/?vjjm9n2dfn9
http://best-keptsecrets.blogspot.com/2008/06/barracudas-drop-out-1981.html

No hay comentarios: