Con setembro retomamos a programación habitual do local, e arrancamos con gañas. Para inaugura-la tempada volvemos con música en directo, e por partida dobre, coas dúas bandas da casa.
De primeiro apuntade o sábado 12. Os protagonistas serán coma o ano pasado THE EVEN FLOW EXPERIENCE, marabilla de concerto para arrancar despois do verán, Karallada e Manolo en acústico man a man co seu repaso polos anos 90s.
E despois do concerto, seguimos con sesión de Kurco SoundSystem na cabina ata o peche. Unha noite ben completa. Non vo-lo perdades!
*O cartel é unha desfeita sobre un dos míticos deseños que fixo Matt Goldman para os directos dos Jane's Addiction, e así xa imos dando pistas dunha pequena homenaxe polos 25 anos do "Ritual de lo Habitual".
No hay comentarios:
Publicar un comentario