Outro álbum que vos recomendamos hoxe.
Unha das novas sensacións do garaxe danés, aínda que a cousa ten trampa: The Courettes un dúo moi potente formado polo baterista Martin Couri, e a brasileira Flávia Couri (a que fora cantante e baixista dos Autoramas!!) ás voces e guitarra. Así que a cousa xa vos pode ir soando... Melodías impecables, desbordadas de fuzz e unha rítmica beat moi contundente, por suposto moito máis 60s que en toda a súa carreira anterior. Son 8 temas producidos por Kim Kix dos Powersolo, e lanzado nun 10'' polo selo xermano Sounds of Subterrania. Un cañonazo tras doutro. e que corto se fai!!
THE COURETTES "Here are The Courettes"
(Sounds of Subterrania, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario