jueves, 17 de septiembre de 2015

The Jimi Hendrix Experience "Are You Experienced?"

Mañán adicaremos a maior parte da noite a poñer temas de Hendrix, clasicazos, rarezas, directos, covers... de todo, pero tamén era obrigado recomendarvos un álbum máis esta semana. Así que caímos na conta de que con tanto dosificar, aínda quedan uns cantos dos seus álbumes fora deste blog. Así que hoxe imos con un imprescindible que todos deberiades ter nas vosas coleccións, o debut do power trío máis importante de tódo-los tempos: The Jimi Hendrix Experience
Hendrix mudouse a Londres a finais de 1966, logo de abandonar a formación de Curtis Knight & The Squires, e do fallido intento de lanzarse como Jimmy James nos USA. Chegou a Londres da man de Chas Chandler, e inmediatamente se formou a Jimi Hendrix Experience, xunto con Mitch Mitchell e Noel Redding. O seu éxito foi inmediato. Tras lanzar tres singles entre finais do 66 ("Hey Joe/Stone Free") e comezos do 67 ("Purple Haze/51st Anniversary" en marzo, e "The Wind Cries Mary/Highway Chile" xa en maio como presentación do álbum) lanzan o seu álbum de debut "Are You Experienced?", 12 temas que  pasaron á historia da música, unha tras doutra se suceden Foxy Lady, Manic Depression, Red House, Can You See Me, Love Or Confusion, I Don't Live Today, May This Be Love, Fire, Third Stone From The Sun, Remember, Are You Experienced? e remata con Hey Joe, sinxelamente un dos álbumes máis grandes de tódo-los tempos. Todo un éxito de ventas, só superado no seu momento polo Sgt.Peppers dos Beatles, e innovador na mestura de r'n'b, blues e rock psychodélico, pero tamén polas técnicas de gravación, cheo de feedback e overdub. Aquí vos deixamos a portada a edición dos USA, que sempre me pareceu moito máis bonita que a británica. 
Este xa non é imprescindible, é obrigatorio!

THE JIMI HENDRIX EXPERIENCE "Are you Experienced?"
(Track Records/Polydor, 1967)



No hay comentarios: