E outro álbum máis esta semana. Agora imos con algo de funk actual, que logo vos queixades de que cae todo de golpe a final de ano.
Levo un par de semanas alucinado co disco de debut dos canadienses The Soul Motivators, das moitas bandas do xénero que están a saír agora de Toronto. Teñen dous eps anteriores, o primeiro do 2013 que podedes atopar facilmente ("Dirt on the Floor EP"), e o titulado directamente "The Soul Motivators EP" que incluía a fantástica 'Gravy Train', pero sobre todo recoméndovos que vos fagades directamente con este "Free to Believe".

Funk, soul, acid jazz e beat psychodélico, cunha rítmica espectacular, as melodías dos metales que o enchen todo, e unha guitarra por momentos contundente, ademáis da espectacular voz de Lydia Persaud. Doce temas de puro ritmo, dende a inicial 'Free to believe', 'Hang on in there' ou ata o final con 'Walk away', con algo de pausa soul en 'Still Waiting', e os toques afrobeat de 'Working it Out'.
Apuntádeo ben, un discazo tremendo!!!
THE SOUL MOTIVATORS "Free to Believe"
(Do Right Music/Kudos, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario