miércoles, 23 de septiembre de 2015

The Bevis Frond "Hit Squad"

Os que me coñecedes, sabedes da miña debilidade por Nick Saloman e The Bevis Frond. E do mesmo tamaño que a miña obsesión pola súa música, é o gafe que teño para velo en directo algún día. A pasada fin de semana estivo no Xiria Pop de Carballo, e eu sen enterarme a tempo. Outra oportunidade perdida, a ver se algún día arranxamos esto.
Así que aproveitamos para recomendarvos un dos seus grandes álbumes. Podería caer o fantástico "It Just Is" do 93, "Vavona Burr" do 99, ou o "What did for the Dinosaurs" do 2002, ou calquera dos se traballos anteriores con longas tormentas psicodélicas, ou directamente o seus últimos traballos que xa vos recomendamos neste blog noutras ocasións. Pero imos con "Hit Squad" do 2004, por moitos motivos o meu disco favorito de Saloman. Seguramente sexa o máis completo dos seus traballos, pero ahí poderíamos discutir durante horas. Calqueira dos seus traballos condensa o mellor de toda a música que máis me gusta co seu peculiar sonido, e esa voz desganada por momentos, e furiosa cando precisa. Nesta ocasión xuntando temas inesquecibles coma 'Dragons', 'Hit Squad', 'I Feel Bad about You', 'It's a Gut Thing', ou os longos desenrolos tan diferentes da preciosa 'Through the Hedge' ou 'Fast Falls the Eventide' como jam final de rigor de cada álbum. Na nosa lista de repaso daquel ano estaba entre os mellores, e máis de dez anos despois o sigo a considerar coma un dos mellores álbumes do que vai de século. Un imprescindible!.

THE BEVIS FROND "Hit Squad"
(Woronzow, 2004)



No hay comentarios: