O pasado 18 de setembro se cumprían 45 anos do pasamento de Jimi Hendrix. Como cada ano fixemos unha pequena homenaxe en forma de sesión no venres máis próximo á data oficial, cos seus temas máis habituais, directos, covers bootlegs e rarezas. Pero no 2010 fixemos algo moito máis especial coincidindo tamén coa data exacta da efeméride.
Foi o sábado 18 de setembro do 2010, aquela noite cumpríanse 40 anos sen Jimi Hendrix, e para esa data anunciábamos o habitual homenaxe, cun poster cuadrado tamaño vinilo en papel fotográfico do que fixemos basantes copias para repartir entre o personal como recordo, pero uns días antes tamén fumos filtrando a posibilidade de algo así como un Live Experience con hora de inicio. Por suposto se trataba dun concerto sorpresa.
Na formación da RifRocKerZ Experience estaban tres dos máis habituais da casa: Kevi Aragunde (guitarra e voz), Karlos Abal na guitarra, e Piti na batería, ós que se sumaron os aínda moi novos David Falcón con outra guitarra máis, e Rubén Iglesias ó baixo. O cinco deron boa conta dos seus temas favoritos da época da Hendrix Experience, un show espectacular, e sen dúbida algunha, foi unha das noites máis especiais do local.
Este foi o track-list do concerto:
- Hey Joe
- Fire
- Highway Chile
- Foxy Lady
- Purple Haze
- Don't Live Today
- Third Stone from the Sun
- Manic Depression
- Crosstown Traffic
- Wait until Tomorrow
- Voodoo Child
- Spanish Castle Magic
- Stone Free
- Little Wing (instr)
*en negrita as que están subidas no youtube.
Aquí tedes 7 temas daquela noite en lista de reproducción:
No hay comentarios:
Publicar un comentario