martes, 17 de julio de 2012

THE WALNUT no Rif-Rock

Nas anteriores entradas xa tedes subido o concerto completo de THE WALNUT do pasado sábado, no que foi o primeiro prato forte do noso programa do 13º Aniversario do Rif-Rock. Rubén, Jaime, moitas gracias outra vez polo show. e lástima do accidente de última hora co ukelele, que nos quedamos sen un par de temas máis...
Ofrecéronnos un bo repaso de clásicos recentes do folk norteamericano coma Ben Harper, Jack Johnson ou Eddie Vedder, pasando por Incubus ou Mother Love Bone, e outros xa eternos coma Bruce Hornsby ou o final co sempre refrescante tema de Baywatch... 
E coma é habitual, para os que o perdíchedes, ou non vos deu a gaña de vir, ou para os que queirades voltar a escoitalo, aquí o tedes todo repartido en catro entradas [pt.1 - pt.2 - pt.3 - pt.4] ou todo seguido nunha lista de reproducción: The Walnut (Rif-Rock 14 xullo 2012).


No hay comentarios: