viernes, 14 de abril de 2017

Dead Wood "Spirit Away b/w CBA Blues"

A estas alturas non nos podemos crer que quede algún despistado sen coñecer o debut dos DEAD WOOD con Ulomanía Coop. Pero por se acaso, ahí vai outra crónica desta pequena xoia.

DEAD WOOD
"Spirit Away b/w C.B.A. Blues"
(Ulomanía Coop., 2017)

Logo da ano e medio rodando, chega o esperado debut dos Dead Wood.  Un single en vinilo de sete pulgadas con "Spirit Away b/w C.B.A. Blues", nunha edición limitada de 250 copias numeradas, que ademáis foi a primeira referencia do selo Ulomanía Coop. 
Son só dous temas que sirven de mostra da vesatilidade da banda sen perder o seu son característico, coa voz e guitarras acústicas do Sheriff Lorre, as percusións delirantes de Mr Bam Bam, e o salvaxe facer coas cordas de Breo Gun e Doble M. 
Na cara A 'Spirit Away', como expoñente dunha das principais liñas da banda, deixándose levar pola música de raiz nortemaricana máis primitiva. É a busca do espiritu dos devanceiros, perdido co paso dos anos e as xeracións, polo afastamento do contacto directo entre home e natureza, de ahí profundidade dos coros, e a rica sección de cordas, con guitarras acústicas,  banjo e baixo, que se solapan unhas a outras e se ceden o protagonismo continuamente.
Na cara b, 'CBA Blues', unha rareza da banda, unha peza de blues urxente, cruda e sinxela, que nos leva aos antecedentes maís garaxeiros da banda, e que fala de outra das súas debilidades, o básquet. Unha road movie que, por suposto, é outra historia de perdedores. Por 'CBA blues' se coñecía aos xogadores da liga estadounidense CBA, a máis antiga do mundo, pero sempre unha liga menor á sombra doutras competicións, sendo a máis espectacular e a máis innovadora, os equipos percorrían miles de kilómetros para xogar ante un puñado de espectadores por soldos mínimos. De ahí o ritmo de tobogán que pode lembrar a frat rock e o hot rod, todo enriquecido co slide de Doble M e a armónica de Michi Calambres.
Todo gravado no KSF Estudio da Illa de Arousa coa produción de Victor "Karallada" García, e lanzado coa ilustración e deseños de Rubén Suárez.
E isto só é o comezo de todo o que nos teñen que amosar, o primeiro do moito material que se publicará nos próximos meses en distintos formatos. Atentos! 

No hay comentarios: