Un pouco de revival antes da fin de semana.
A banda que queremos lembrar hoxe foi outras desas formacións de un día que tanto nos gustan no Rif-Rock. THE VOORHEES eran Piti González na batería, Isidro Dozo ao baixo e voces, e o mestre Karlos Abal coas guitarras, e completaban o cartel do noso 13º Aniversario xunto con The Walnut e media ducia de sesións máis.
The Voorhees chegaban directamente dende Camp Crystal Lake, inspirados por Jason Voorhees, xa que o seu concerto ía ser inicialmente o venres 13 daquel mesmo mes (e no 13º aniversario). A última hora tivemos que retrasalo ata o día 27, pero o plan xa estaba feito. Ofrecéronnos un show case improvisado, con pezas de horror-shock, repises stonianos e bandas sonoras de clasicazos de tv.
Aquí vos deixamos o 'Munster's Medley' co que comezaron o show, se queredes máis podedes repasa-lo seu concerto completo aquí.
Foi o 27 de xullo do 2012, cinco anos xa...
Foi o 27 de xullo do 2012, cinco anos xa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario