Imos con algúns álbumes antes da fin de semana.
De primeiro esta auténtica xoia da miña adolescencia que hoxe mesmo atopei rebuscando discos, logo de moitos anos buscando por unha edición en vinilo.
NEBULA "To the Center"
(Sub Pop, 1999)
A finais dos 90s Eddie Glass (guitarra) e Rubén Romano (bateria) abandoaban a formación de stoner Fu Manchu para montar un proxecto máis orientado ao rock psychodélico, nacía Nebula, coa incorporación de Mark Abshire ao baixo.
Co paso do tempo, Nebula foi para o meu gusto a mellor banda de toda aquela xeración orixinal do stoner, o resto perdéronse en outras historias, e mentras Glass e Romano estiveron xuntos firmaron unha colección de álbumes tremendos.
"To the center" foi o seu lp de debut. Lanzouse o 24 de agosto de 1999, logo de dous eps de comezos dese mesmo ano ("Sun Creature" e "Nebula/Lowrider") nos que foron afinando a súa proposta.
"To the Center" son 12 temas nos que atopamos de todo, hard rock, stoner, rock psychodélico e auténticos viaxes espaciais, acelerados ou relaxantes, hai para todos. 'To the Center' ou 'Freedom', o trallazo 'Antigone' marca da casa, entre punk, psych e stoner, pura marabilla, o blues alucinado de 'So Low', os sitares sicotrópicos de 'Synthetic Dream' con percusións manuais, antes de 'Between Time' e rematar con 'You Mean Nothing' coas evolucións bestiais de Romano. En medio a versión dos Stooges 'I Need somebody' con Mark Arm dos Mudhoney nas voces. Guitarras desbocadas, sitares, e a sempre espectacular percusión de Romano.
Un deses álbumes cos que xa non contaba atoparme xamáis a precio razoable, e aquí está. Discazo para a colección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario