miércoles, 23 de agosto de 2017

The Fall "New Facts Emerge"

Máis álbumes, agora unha das miñas debilidades. 
Novo álbum de The Fall, que xa tocaba. Mark E Smith segue á súa bola, e aínda que relaxou un pouco o ritmo de publicación de outros tempos, segue fiel a entregarnos alomenos algo novo cada ano. 
Este novo álbum titúlase "New Facts Emerge", e son 10 novos temas (a intro neste caso non conta), con tódo-los elementos do seu FallSound. Arranca coa contundente e longa 'Fol de Rol' de base de rítmica machacona e letras de auténtica provocación, temas como 'Victoria Train Station Massacre', 'Gibbus Gibson' e 'Groundsboy' son coma unha revisión de sí mesmo a finais dos 70s con máis melodía e máis elementos pop, mentres que 'Brillo de Facto', 'New Facts Emerge' ou 'Second House Now' son a actualización da súa propia fórmula, do mellor que leva feito mr Smith nos últimos anos. E por suposto un par de pezas de máis de oito minutos que son para non perderlle detalle. Semella que está en forma o mestre Smith, alomenos cando se mete no estudio.
Recomendadísmo coma sempre.

THE FALL "New Facts Emerge"
(Cherry Red, 2017)



No hay comentarios: