miércoles, 30 de agosto de 2017

Iggy Pop "Lust for Life"

Tóda-las semanas toca algunha efeméride musical, así que esta comezamos por ahí, co 40 aniversario da resurrección de Iggy Pop.
Trala disolución dos Stooges en 1971, e uns anos que segundo a lenda foron moi escuros para Iggy Pop, comezou a súa carreira musical en 1977 da man de David Bowie, como productor e principal compositor dos seus álbumes, ademáis de pretarlle aos seus músicos colaboradores habituais.
Primeiro foi "The Idiot" lanzado en marzo do 77, con relativo éxito para a nova imaxe da iguana. Case sen tempo, lanzábase "Lust for Life", a finais de agosto do mesmo ano. Ahí estaban 'The Passenger' e a propia 'Lust for Life', os maiores hits súa carreira, e coa segunda xuventude tra-lo éxito da banda sonora de Trainspotting, aínda moito máis. Ademáis estaba 'Sixteen', que devolvía ás melodías e guitarras abrasivas dos anos dos Stooges e foi o único tema do álbum composto por Iggy nesta ocasión, e temas máis propios do universo sonoro de Bowie, coma 'Tonight' ou 'Turn Blue', pero tamén 'Fall in love with me' que adiantaba a liña de traballos posteriores de Iggy. 
"Lust for Life" foi o seu álbum más popular, e o máis comercial da súa carreira, e toda unha excepción daqueles anos, nos que non voltaría a ter éxito ata o 'Brick by Brick' do ano 90 para voltar ao grande co xenial "American Caesar" do 93. Pero iso xa nos queda moito máis cerca no tempo.

IGGY POP "Lust for Life"
(RCA Recs, 1977)



No hay comentarios: