O concerto máis especial desta edición do Festival FEITO A MAN de Santiago, será sen dúbida o tributo a Fran Pérez NARF. Será mañán mesmo, na praza da Quintana, cun compendio de músicos de tódo-los rincóns do mundo cos que colaborou.
Segundo a organización...
"Esta festa pretende, por unha banda, ofrecer unha panorámica significativa da súa música e, por outra, reunir na súa memoria non só os compañeiros e colectivos que compartiron camiño con el en Santiago, senón tamén amigos e artistas fundamentais no seu traballo chegados de Mozambique, Portugal, Euskadi e Inglaterra. (...) Músicos e artistas participantes: Timbila Muzimba, Xelís de Toro, Jim Sanders, Ze Rui, Coro Encaixe, Coro da Rá, Mofa e Befa, Manolo Cortés (Chévere), Luiz Caracol, As Marias (Maria Bouzas e Maria Pujalte), Carlos Santiago, Pepe Sendón, Quico Cadaval, Uxía, Jabier Muguruza, Alfonso Espiño, Pilo Sierra, Xabier Olite, Javier Abraldes, Pista 4, Manuel Paino, Piti Sanz, Ton Risco e Fran Sanz, entre outros".
Unha homenaxe máis que merecida.
Toda a info na súa web e no facebook.
Se estades mañan por Compostela, non vo-lo perdades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario