jueves, 24 de agosto de 2017

Otis Redding "Otis Blue / Otis Redding Sings Soul"

E para rematar coas recomendacións un clasicazo dos de toda a vida.
"Otis Blue" foi o terceiro álbum de Otis Redding, foi tamén o seu mellor álbum, logo de triunfar a comezos dese mesmo ano co seu álbum de baladas (The Great Otis Redding Sings Soul Ballads). En "Otis Blue / Otis Redding Sings Soul" incluía tamén pezas doces que asegurasen o éxito comercial, pero se desquitaba con temas de puro ritmo funk, rhythm'n'blues ou abertamente rock. 
Foi unha das grandes apostas de Stax Records, através do seu seubselo Volt: na mesma formación reunían a voz e imponente presencia de Redding, e outras figuras da compañía con membros de Booket T & The MGs, a sección de metais de The Mar-Keys e un todavía descoñecido Isaac Hayes aos teclados. Un combo formado para marcar unha época, e o resultado foi espectacular.
No contido, tres composicións do propio Redding: 'Respect' que logo popularizaría Aretha Franklin, 'Ole Man Trouble” e a balada “I’ve Been Loving You Too Long'. O resto todo versións, con dúas de Sam Cooke, que falecera ao tempo da gravación do álbum, sobre todo a enorme 'Shake!', 'Down in the Valley' de Solomon Burke, 'My Girl' de Smokey Robinson, e o xenio desatado en 'Rock me Baby' de BB King ou o 'Satisfaction' dos Rolling Stones.
Sen descusión, un dos mellores álbumes da historia. Imprescindible.

OTIS REDDING "Otis Blue / Otis Redding Sings Soul"
(Volt/ATCO, 1965)


No hay comentarios: