martes, 15 de agosto de 2017

Pink Floyd "Piper at the Gates of Dawn"

A comezos de mes cumpríanse 50 anos do lanzamento do debut dos Pink Floyd.
Por suposto, non é o seu álbum máis popular, pero sí o máis influínte da súa carreira, abrindo novas vías da psychodelia para as demáis bandas da época, mesturando xéneros, empregando tonadas da música popular, e empregando métricas e progresións de acordes nada habituais ata aquel momento. Ademáis foi o álbum no que o mítico Syd Barrett levou o peso da composición do álbum antes da súa enfermidade. Por destacar algún tema, a fantástica apertura con 'Astonomy Domine', a enorme 'Interstellar Overdrive', a experimentación de 'Take Up Thy Stethoscope and Walk', e 'Lucifer Sam' que é o meu favorito deste álbum, pero mellor que o escoitedes completo unha e outra vez.
50 anos desta xoia. Imprescindible en calquer colección.

PINK FLOYD "Piper at the Gates of Dawn"
(Columbia, 1967)


No hay comentarios: