lunes, 14 de agosto de 2017

Guided By Voices "How Do You Spell Heaven"

Máis novidades. Robert Pollard comezou o ano co álbum número 100 da súa carreira, o "August by Cake" dos Guided by Voices. Despois diso xa só quedaba lanzar o seguinte, e poucos meses despois aquí está. 
"How do you spell Heaven" son 15 novos temas marca da casa. Un álbum no priman as melodías e os xogos de guitarras máis que nas últimas entregas, moitos temas de power pop, e desta vez parecen moito máis elaborados do que nos ten acostumados, aínda que iso pode pasar totalmente desapercibido... pero o certo é que había moito tempo que Pollard non firmaba un tema tan redondo coma 'Pearly Gates Smoke Machine' de máis de catro minutos, ou 'King 007' que se manexa entre as melodías e os medios tempos e un solo de guitarra arrebatador pouco habitual no seu repertorio. Polo demáis outras maravillas coma o ritmo repetitivo de 'Boy W', as rítmicas de 'Cretinous Number Ones' e 'The Birthday Democrats', ou as evolucións de 'How to murder a man'. Outro para a colección.

GUIDED BY VOICES "How Do You Spell Heaven"
(GBV Inc., 2017)



No hay comentarios: