miércoles, 12 de agosto de 2009

O album da semana "Popular Songs" de YO LA TENGO.

Case todos sabedes da miña debilidade por esta banda, i é que con cada novo lanzamento de YO LA TENGO sempre podo desfrutar do pracer de escoitalo de tirón varias veces, unha tras outra, para ir buscando matices e influencias extrañas ou saltos mortais que nunha escoita normal apenas se perciben... Pois hoxe levo todo o día alucinado con este álbum, coma sempre multidisciplinar, tocando tódo-los paus, mesturando temas de pop preciosista con temas totalmente lo-fi e moi suxos, dende as influencias dos anos 50 ó vendavais de distorsión... o cañonazo de 'Nothing to Hide', os experimentos retro de 'Periodically Triple ou Double' e o case soul de 'If It's True' ou os tres últimos cortes, de 10 minutos ou máis, sobre todo o último terremoto 'And the Glitter is Gone'. Outra xoia máis, que sairá a venta a comezos de setembro (o día 7 creo), Non o deixedes escapar...

YO LA TENGO
"Popular Songs"

[Matador 2009]



Descargádeo no blog Som de Fora:
http://somdefora.blogspot.com/2009/07/yo-la-tengo-popular-songs-2009.html
[tedes o link de descarga nos comentarios]

e aquí os tedes interpretando o primeiro single do álbum "Nothing to Hide" nunha actuación na tv francesa:

1 comentario:

Cristina dijo...

que "bonitura" de portada do álbum! e estiven escoitando algúns temas e ten moi boa pinta...ímolo baixar ohuuuu!