miércoles, 23 de septiembre de 2009

Ken Stringfellow - Domingo 27 no Vinilo

Este Domingo 27
no Vinilo de OGrobe
KEN STRINGFELLOW
(Hollywood, California)

+ Boy Elliott (Ferrol, Galiza)

Domingo 27 de Setembro - Vinilo
22.45h [Aforo Limitado]


Ken Stringfellow fundou en 1986 a banda de power pop The Posies xunto a Jon Auer, convertíndose nuhna das parellas compositoras máis importantes da música alternativa de fins do século XX. Con The Posies conseguiu o recoñecemento de fans e crítica, sobretodo na que é considerada como a súa mellor obra, "Frosting On the Beater" (1993 - Geffen Records). No que se refire á súa carreira en solitario, editou tres álbumes ata a actualidade, compaxinando este trabajo co de músico de acompañamento dos tamén norteamericanos LAGWAGON, R.E.M. o BIG STAR. Actualmente forma parte da banda THE DISCIPLINES.

myspace.com/kenstringfellow

Boy elliott
Daniel Alonso comeza a súa traxectoria musical á idade temperá dos 13 anos e despois de pasar por diferentes bandas xorden os Blood Filloas, anos despois En setembro de 2005, Dani Alonso a.k.a. Boy Elliott gaña o III Concurso de Cantautores que se celebra en Ourense.
Boy Elliott en solitario queda 4º no concurso Indiecanciones da sala madrileña Contraclub, e en agosto de 2008 Boy Elliott & The Plastic Bags conseguen con “Planeta 19” o Premio do Xurado no Apologhit 2008, organizado pola Radio Galega e o xornal dixital Vieiros, co que son seleccionados como representantes de Galicia no Liet Lavlut, Euro-Festival de Linguas Minorizadas (Laponia sueca). ( A xira de concertos por toda Galicia que a banda realiza coma premio do seu primeiro posto no Apologhit, servirá para pechar unha intensa etapa que durou case doce meses. Coa entrada do novo ano, certos cambios na formacion que ate o momento o acompañaba, e a decision de atopala orixinalidade nas suas propias orixes fai que Dani Alonso (aka Boy Elliott & The Plastic Bags) mude de pel convertindose en “O Neno Elliott”.
myspace.com/onenoelliott


Toda a info na web do Vinilo.

No hay comentarios: