Hoxe en Mondo RifPOP seguimos con
THE GREEN HORNET
que aquí se traducíu literalmente como O Avispón Verde, tanto nas súas películas coma na TV.
Nas aventuras de “The Green Hornet” o noso protagonista é Britt Reid, un multimillonario que é dono do xornal The Daily Sentinel, que ten un super-alter-ego: O Avispón Verde (que mal
sona esto así...) un enmascarado experto en artes marciais, super intelixente e que se adica a combati-lo crime xunto co seu axudante Kato, que na vida normal é o seu axudante e mordomo, e coa máscara é tamén experto en artes mariciais e un fantástico enxeñeiro e mecánico (que non é o mesmo).
Coma case tódo-los superhéroes clásicos, The Green Hornet naceu no período de entreguerras nos USA, pero este persoaxe non naceu en papel impreseo, foi creado por George W. Trendle e Fran Striker para un serial de radio en 1936. Estes dous señores eran uns namorados dos persoaxes enmascarados, posto que tamén crearon El Llanero Solitario, e incluson os emparentaron: John Reid (o verdadeiro nome do Llanero) era supostamente tío-abó de Britt Reid (o millonario que se convirte en Avispón Verde). Por suposto o noso protagonista conta cun fiel escudeiro, o oriental Kato, seu maiordomo na vida pública e compañeiro de golpes na outra.
A primeira emisión de “The Green Hornet” foi a finais de Xaneiro de 1936, cun tremendo éxito dende o primeiro día e por suposto estivo interpretado por auténticas estrelas do seu tempo, pero de radio... Entre 1936 e 1943 foi Al Hodge, Donovan Faust en 1943, e Bob Hall do 43 a 1946. Co éxito do programa comezaron a facerse comic-book de The Green Hornet, e mantivéronse ata que se cancelou o programa. Pero ata entón o éxito desbordou o formato radiofónico e o impreso, así que na década de 1940 comezaron a adapta-las súas aventuras ó mundo audiovisual. O primeiro dos seriais de películas tivo 15 entregas: ‘THE GREEN HORNET’, que adaptaban totalmente as aventuras radiofónicas, e foi protagonizada por Gordon Jones e George Hayashi.
O segundo serial tivo tamén 15 entregas, foi ‘THE GREEN HORNET STRIKES AGAIN’ producida pola Universal, e aquí os guionistas xa se tomaron maís libertades que desvirtuaban moitas das características do orixinal... e o noso protagonista foi perdendo interese para o público.
Será nos anos 60, cando se realice a mítica serie a toda cor, cando todas estas series de supervillanos e superhéroes volvan coller forza... En 1966 o productor William Dozzier buscaba continuar o éxito da serie Batman de Adam West, así cambiou ó Home Morcego polo Home Avispa... amba-las dúas series eran case idénticas, as dúas de 1966, pero é que a forma e a súa estructura eran idénticas... Os capítulos se encadenaban de 2 en 2 ou de 3 en 3, as cortinillas eran case as mesmas, cambiando o morcego pola avispa... pero non vos confundades, non é unha copia, The Green Hornet nace en 1936 e Batman no 1939... de feito non houbo ningún problema para facer coindicir ós dous heroes, nuns capítulos nos que o avispón visita Gotham City...
Nesta serie o actor quedou totalmente eclipsado por un xovencísimo oriental... con esta serie nacía a lenda de Bruce Lee, que por suposto interpretaba a Kato. A serie permaneceu entre o 66 e o 67.
E igual que fixo Adam West coa serie Batman, Dozzier deu renda solta a dous filmes nos que argumentalmente xuntan tres episodios da seire, na que se mesturan bombas nucleares, alieníxenas, mafias chinas e científicos tolos perdidos, e por suposto todo cheo de golpes de Kung-Fu... por suposto o mesmo que na serie de Tv...
Pero xa vos dicen antes que había moitos paralelismos entre Batman e Green Hornet.
Lembrade que Green Hornet nace en 1936 e Batman no 39, así que si en algo hai copias é no segundo claro, pero vexamos: os dous protagonistas son multimillonarios, non teñen superpoderes, senón que son superinteligentes e con moitos artefactos que lles facilitan o seu labor, os dous teñen acompañantes (Robin e Kato) e os dous empregan como transporte coches espectaculares.
Ademáis entre as dúas series do 66 houbo moito crossover: Robin esta vendo a serie do Avispón antes de salr a unha misión, Britt Reid tamén se para na serie de Batman mentres fai zapping na TV da súa oficina, e o Avispón y Kato aparecen na famosa escena da ventana cando Batman e Robin trepan ‘andando’ polas paredes.
Estes cruces culminan cos episodios “A piece of the action”- “Batman satisfaction” inolvidables, nos que o Avispón e Kato chegan a Gotham City para atrapar al Coronel Goma, Batman e Robin o toman coma un desafió que vai crecendo ata rematar nunha peleas entre os catro heroes que remata en táboas...
E iso que a estas alturas nin sequera falamos da banda sonora... esa adaptación que fixo Billy May do "Flight of the Bumblebee" de Rimsky Korsacov, con ese delirante solo de trompeta interpretado por Al Hirt. Unha maravilla.
E agora a ver que nos depara esa nova producción que chegará no 2010, unha superproducción da Universal con guión de Kevin Smith...
Aquí o tedes en español:
Ademáis dos videos de escenas e as cabeceiras da entrada anterior, un capítulo completo dos crossover entre Batman e The Green Hornet...
1 comentario:
peggrrrrrrrrrrfecttt!
Publicar un comentario