lunes, 11 de enero de 2016

David Bowie "Blackstar"

Primeiro álbum que vos comentamos deste 2016, a despedida do mestre Bowie, unha recomendación obrigada no día de hoxe.
"Blackstar" saía o pasado venres 8 de xaneiro, cando o Bowie cumpría 69 anos antes deste inminente final co que nos despertamos esta mañán.
Son sete temas de art-rock, jazz avant-garde e pop, coa descomunal 'Blackstar' como apertura, da que xa nos adiantara en videoclip en novembro, 'Lazarus' que foi tamén o videoclp escollido para o lanzamento o día antes da saída, 'Sue (or in a season of Crime)', que xa publicara coma single a finais do 2014, ou a divertidísima 'Tis a Pity She Was a Whore'.
Despois da nosa homenaxe en forma de cartel en Fin de Ano, e mesmo o venres pasado con tantas peticións de temas de Bowie, e falando deste novo álbum que tivemos aparcado toda a fin de semana, esta tarde collimos este "Blackstar" con moitas gañas, e seguro que mañan seguiremos dándolle voltas. Unha despedida a altura do xenio. Recomendadísimo!!

DAVID BOWIE "Blackstar"
(Sony/Columbia, 2016)




No hay comentarios: