Aquí tedes os nosos cinco discos favoritos do GZ Canibal do 2015.
Que non vos falté ningún!!
5_DISCO LAS PALMERAS "Asfixia"
(Sonido Muchacho, 2015)
Unha das alegrías deste ano foi a volta de Disco Las Palmeras. Eu son desos ós que o seu primeiro álbum deixou alucinado, e o segundo non me dixo gran cousa. Entre Nihil Obstat e Ultra había demasiada diferencia, e este "Asfixia" volve a estar moi arriba. Noise de altura, con capas e capas, shoegaze intenso, acelerado e con moi boas melodías, e esa batería que nunca se para... 'Tarde y mal', 'Cállate la Boca', 'Morir o Matar', 'Fuego' ou 'Pistola' Moitos temas moi bós polos que recomendar "Asfixia".
4_FOXY FREIRE "Mongoose Tree"
(Foxy Freire / Free Code Jazz Records, 2015)
Unha das sensacións do ano que non podía faltar na nosa lista. Catro animais do jazz facendo hardrock: Virxilio da Silva, Fernando Sánchez, Paco Charlín e Max Gómez. Este "Mongoose Tree" acumulou moitos retrasos no seu lanzamento, pero que chegou para impactar. Hard rock sen concesións, sobre unha base de blues, toques psych, stoner, e co retrovisor sempre nos 70s, cun sonido contundente e un resultado espectacular. Dos seus directos xa non fai falla comentar nada...
3_TERBUTALINA "Al Otomano se le va la mano"
(Folc Records / Grabaciones de Impacto, 2015)
Os Terbutalina seguen arrasando, e desta vez, ademáis con vinilo baixo o brazo, "Al Otomano se le va la Mano" é o primeiro dos seus traballos que publican en formato físico, da man de Folc Records e Grabaciones de Impacto. Son once temas a toda hostia, para pouco menos de 17 minutos, se te despistas quedas sen a metade. Punk máis garagero ca nunca, e ademáis do videoclip do tema de adianto 'Sudar Sangre', 'Mambo' é outro auténtico pelotazo!!
2_TRAVESTI AFGANO "Jefes de Julais"
(Mama Vynila Records, 2015)
(Mama Vynila Records, 2015)
Despois de meses de ameazas, por fin chegou "Jefes de Julais", no que atoparedes de todo: 15 temas con letras de puro escaralle, entre garage e rítmica post punk, e coros e berros de altura. Quédome coa versión (xa 2.0) do 'Ciclado' coa que se presentaban hai tempo, a hipnótica 'Yo no soy Mark E Smith', e o pelotazo 'Monchito', por non citarvo-las todas. Ademáis inclúen unha versión do 'Plan XIII' de Los Iribarnes. Discazo!!
(Camarada Nimoy autoed., 2015)
Segunda marabilla que nos entregan os Camarada Nimoy. "Alucinacións Acústicas" son 12 novos temas compostos pola banda, na súa liña habitual de surf, jazz, swing e psychodelia espacial, dende temas lounge para o relax, a forza da primeira parte de 'Ostalgie' ou a rítmica de 'Agardando por Gagarin' e 'Affaire Interplanetario'. Todo instrumental agás o tema 'A luz teme o silencio' con texto de Silvia Penas, que canta a propia escritora. E ademáis cunha edición preciosa. Se non te encantan é que moi ben non estás...
No hay comentarios:
Publicar un comentario