Néstor Pardo volve á carga nada máis comezar o ano, con novo traballo e con moitos cambios. Despois de varios adiantos, onte presentaba na rede o seu terceiro álbum dende que comezara a súa carreira en solitario, e por primeira vez con letras en castelán. "Siento no haber sido lo esperado" con 11 novas cancións, moito máis enérxicas que nas anteriores entregas, blues de case tódo-los paus posibles, con un toque ata cabareteiro que lle da ese piano e a rítmica de moitos dos temas. 'Que no te quede más', 'Escupo y Olvido', 'Entre bares y desconocidos' ou 'Ahí vienen los cuervos', son catro dos temas que xa te entran dende a primeira escoita.
Dende onte mesmo xa o tedes dispoñible no seu bandcamp, ou tamén podedes facervos con el na súa web (pardoacoustic.com).
Ademáis esta mesma noite o presenta en directo no Teatro Colón de A Coruña, así que, si podedes non faltedes.
PARDO "Siento no haber sido lo esperado"
(Pardo, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario