Comezamos a resumi-lo 2015:
Sempre aproveitamos o de facer un pequeno repaso polos concertos e outras festas especiais do ano para que tamén vós digades cal, ou cales, foron os mellores Momentos do Rif-Rock no 2015. Hai outros moitos días dos que non temos material gráfico, ou que sí temos pero por moi distintos motivos non compartimos, algúns por que directamente non se pode (ou non se debe) e outros sinxelamente se quedan de arquivo... Pero aínda así hai moito entre o que escoller. Estos son os 10 momentos que vos propoñemos, pero podedes escolle-lo que queirades, estén aquí ou non, ou escoller cousas conxuntas coma o Aniversario completo, ou o Nadal Soul... eso xa é cousa vosa, pero comentade!!
Podedes votar nos comentarios desta entrada, ou através do facebook, por mail... como queirades. Tedes sobre uns 10 días para facelo:
Ahí van unas cantas propostas:
Podedes votar nos comentarios desta entrada, ou através do facebook, por mail... como queirades. Tedes sobre uns 10 días para facelo:
Ahí van unas cantas propostas:
Où sont les Femmes? (marzo 2015).
Non sei se algunha das sesións de marzo foi para vós das mellores do ano, pero seguro que a programación conxunta Où sont Les Femmes? foi do mellor do 2015, con cinco das nosas mellores amigas facéndose cargo da cabina ó longo de todo o mes. Non temos videos publicados sobre isto (ainda que algún hai), pero podedes repasar todo o material seguindo a etiqueta Où sont les Femmes? neste blog.
DEAD WOOD (11 de abril, 25 de xuño, 19 de setembro e 28 de novembro)
Sen dúbida os protagonistas do ano: Breo Gun, o Sheriff Lorre e Mr Bam Bam.
Recén formados se convertiron en banda residente do Rif-Rock, de ahí os seus catro concertos ó longo do 2015, véndoos medrar, mellorar e superar tóda-las espectativas si xa eran altas. Podedes escoller calquer dos seus catro concertos, pero eu me quedaría co último de novembro polo mallado que tiñan todo o set, e sen dúbida o máis especial a noite que compartiron con Michi Calambres en xuño con algo do repertorio de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, ou os peches con H.Fariña. Aquí tedes moito para escoller...
NORTHERN LIGHTS (16 de maio)
Dúo moi especial que nos encanta ter en directo no Rif-Rock: Bruno ós teclados e Mateo na guitarra. Logo do seu debut no noso aniversario do ano pasado, volvían para ofrecernos novos temas e distintas versións dos vellos:
LITTLE JUICE (concerto 16º Aniversario, 10 de xullo)
Para o noso 16º Aniversario continuamos co formato do ano anterior, dous concertos no mesmo fin de semana, o venres para presentantar a unha nova banda, o sábado para ofrecerlles un día grande a outra máis habitual. Os escollidos para estrearse foron Little Juice, nova banda do noso amigo Isidro Dozo, blues, soul e rhythm'n'blues, intenso e moi coidado, e chegaban xa con medio repertorio de temas propios. O show perfecto para comezar co aniversario. Encantounos!!
THE SHARKNADOOS (concerto 16º Aniversario, 11 de xullo)
O prato forte do 16º Aniversario foron The Sharknadoos, ós que xa lles tocaba vir nunha destas datas grandes ó Rif-Rock. O concerto espectacular, e a xente abarrotando o local pero en silencio absoluto ó comezo de cada tema. Triunfada total!!
7ª FESTA DO BIGOTE (2 de agosto)
Unha das festas máis grandes do Rif-Rock de cada ano, e este ano aínda máis que en edicións anteriores, moitísima xente pero poucos bigotes de aspirantes serios, pero a festa enorme!! Con Xaco Aragunde estreándose de mestre de cerimonias, e o padriño deste ano: Edu Charlín de PC Barbería, co show que montou toda a noite barbeando en directo ós que se atreveron e con lote de regalos para os gañadores: Alberto Dominguez, María Sobrino e o pentacampión Hadríán Fariña! Impresionante. O próximo ano máis...
THE EVEN FLOW EXPERIENCE (12 de setembro)
Igual que o ano anterior Victor e Manolo, The Even Flow Experience, foron os encargados de poñer a música en directo para arrancar nova tempada despois do verán. Ademáis de clásicos do seu repertorio habitual, chegaron con moitos temas novos, como este 'Stop!' na súa pequena homenaxe ós 25 anos do "Ritual de lo Habitual" dos Jane's Addiction. Impresionantes!!
ISI VAAMONDE + RUBÉN IGLESIAS (17 de outubro)
A pesar de ser un incondicional do local, había xa cinco anos do último concerto de Isi Vaamonde no Rif-Rock, e no 2015 tocaba desquitarse. Acompañado por Rubén Iglesias ó baixo e piano, e coa colaboración sorpresa de Óscar Campos tamén no baixo nun bo puñado de temas, para ofrecernos un repaso dos seus últimos álbumes "Unsportsmanlike World" do 2009 e do "Live in Heartland" do 2012, unhas cantas versións de Bowie, David Gray, e Depeche Mode (a medio camiño claro de Johnny Cash), ademáis de uns cantos dos novos temas que incluirá no seu novo álbum. Encantados de volver a telo en directo no local, pero non hai videos, estivérades ali!!
THE JAM OBSESSION (Nadal Soul, 12 de decembro)
E xa chegamos ó Nadal Soul. Arrancamos co show que nos ofreceron The Jam Obsession, formada por tódo-los dipoñibles deso que chamamos a banda da casa xuntos nunha especie de RifRocKerZ AllStars, reunidos nunha soa semana e sen ensaios xerais: Isidro Dozo, Quique Barreiro, Pîti, Miguel Costas, Victor Karallada, David Falcón e Karlos Abal. O resultado fantástico, cun repertorio ben ecléctico reinterpretando versións de clásicos de soul, funk, r'n'b, e algó de punk, que tiña que ser si ou si. O final tremendo co 'Think' de Aretha Franklin con tódo-lo compoñentes xuntos e Michí subindo escalas. Freeeeedom!!
THE SHARKNADOOS (Nadal Soul, 25 de decembro)
Seguimos co Nadal Soul, e xa co que foi o último concerto do ano, a semana pasada, de novo con The Sharknadoos, o día de Nadal, e como último show antes do seu parón. Pero non deixaron que tantas emocións lles puideran e montaron unha auténtica festa, e o público entregado dende antes de comezar, que xa sabían ao que viñan. Ata a próxima Sharknadoos!!
Veña! a votar!!
3 comentarios:
Jam Obsession!
Non estiven en todos, pero dos que estiven quédome con Dead Wood e Où sont les femmes!... porque a un mesmo non se pode votar non? hehehe
si que podes...
Publicar un comentario