E outro álbum máis de 1997.
Durante as vacacións do nadal estiven recuperando moitos vinilos que tiña a desmán nos últimos anos, e dos que máis tempo estiven escoitando foron os que teño de Ellitott Smith, e agora que vexo pola rede que nas próximas semanas sairá un documental e un novo álbum con material inédito a modo de banda sonora ("Heaven Adores You Soundtrack") tocaba recomendar algún dos seus álbumes.
Podería ser outro, pero hoxe imos con "Either/Or" que tiña bastante esquecido. Foi o seu terceiro álbum en solitario, gravado cando aínda era membro dos Heatmiser (outro día teremos que falar do "Dead Air", que tamén foi dos recuperados), e publicado a comezos de 1997. Melloraba os seus traballo anteriores, coas mesmas pautas, rock de autor, pop con maiúsculas, como queirades, pero somentes a cara b do álbum na que se suceden 'No Name No.5', "Rose Parade", 'Punch and Judy', 'Angeles', a miña favorita 'Cupid's Trick', '2:45 AM' e 'Say Yes' son case imposibles de superar por calquera, e aínda lle quedaban anos antes do tráxico final. Un discazo que estou encantado de recuperar despois de moito tempo. Dos meus favoritos de sempre.

ELLIOTT SMITH "Either/Or"
(Kill Rock Stars/Domino, 1997)
No hay comentarios:
Publicar un comentario