jueves, 28 de enero de 2016

King Sound Quartet "The Getdown Imperative"

Outra recomendación de algo máis vello, que sae directamente desas conversas nas noites da fin de semana con Comomepós, tentando lembrarnos en que banda do universo de Mick Collins facía unha versión do 'Space is the Place de Sun Ra'... e o deixamos estar porque seguro que non nos ía sair, pero claro houbo que comprobalo despois. E non foron outros que King Sound Quartet!
KSQ foi un dos seus proxectos efímeros, seguramente por demasiado disperso. Estaban formados polo propio Mick Collins, Stephanie Friedman, Alex Cuervo e Tim Kerr (que logo coincidirían de novo en The Now Time Delegation, xunto con Lisa Kekaula), xusto nos meses entre a disolución dos Blacktop e a formación de The Screws e The Dirtbombs. En esencia continuaba o estilo anterior, garage-blues-punk, con algunha concesión rhythm'n'blues e melodias soul. 
En 1996 publicaron o 7'' "Annihilate This Week" con Estrus Records, e no 97 chegou o lp "The Getdown Imperative" (In the Red Recordings), con seis temas, tres composicións propias: 'I Would't Put It Past You', 'Inebriation' e 'White Streal'. E ademáis tres versións de xéneros totalmente distintos: 'I want you' de Ray Charles, a versión atronadora do hardcore 'Sheer Terror' dos Government Issue, e ocupando toda a cara b do álbum se atopa a versión de free jazz punk do 'Space is the Place' de Sun Ra, con Mick Collins e Staphanie Friedman repetindo o mantra en máis de dez minutos. Unha uténtica xoia.

KING SOUND QUARTET "The Getdown Imperative"
(In the Red Recordings, 1997)



No hay comentarios: