jueves, 21 de enero de 2016

Blowfly "Blowfly's Party"

Clarence Reid morreu a semana pasada, por suposto sen o recoñecemento que merecía, nós xa lle adicamos o noso pequeno espacio 'off', pero ademáis deberíamos recomendarvos tamén un dos seus álbumes.
Clarence Reid foi un dos persoaxes máis extranos da historia da música. Comezou a súa carreira a finais dos 60's lanzando álbumes e singles de relativo éxito nas listas de soul e rhytm'n'blues, incluso con máis recoñecemento como compositor que como intérprete, pero dende o comezo creou un alter ego: Blowfly, co que foi alternando a súa carreira. Blowfly era todo o esaxerado que a industria seria non podía permitirse, disfrazado de super-heroe, enmascarado e con capa brillante, a comezos dos 70s comezou facendo parodias de clásicos do xénero, pero tamén foi pioneiro do rap, e o funk máis explosivo. Ó comezo os dous persoaxes se alternaban, pero finalmente Blowfly acabou quedándose case a tempo completo, e Clarence Reid somentes aparecía nalgún 7'' esporádico ou como compositor para outros artistas.
Os excesos de Blowfly ían dende as letras, a estética, as portadas cheas de mulleres desnudas, os seus directos e tamén toda a súa vida fora dos escenarios. Aínda así deixou máis de 30 álbumes de tódo-los xéneros, a pesares dos longos parénteses nas últimas décadas, dende o soul e rhythm'n'blues ata o rap e o punk, cando Jello Biafra o repescou para o mundo ó fichalo para o seu selo Alternative Tentacles, no que colaborou con outros moitos artistas e no que firmou uns cantos álbumes delirantes, coma o de covers "Blowfly's Punk Rock Party".
Este "Blowfly's Party" de 1980 é seguramente o máior éxito da súa carreira. Nel se inclúen o mítico 'Blowfly's Rapp' en varias versións, que sería o seu himno definitivo, e funk divertisimo coma 'Who Did it Eat Last Night' ou 'Nobody's butt but yours, babe', o soul delicioso de 'Can I come in your Mouth' ou funk explosivo de 'Prick Ryder'. 
Un clasicazo!

BLOWFLY "Blowfly's Party"
(Weird World Records, 1980)



No hay comentarios: