Primeiro álbum que vos achegamos esta semana, outra recomendación que nos envían dende WillWork4Funk.
The Haggis Horns son unha desas banda británicas de funk e acid jazz que aínda lles falta dar o gran pelotazo, pero están en camiño. Son de Leeds, e aínda que levan moitos máis anos rodando comezaron a publicar na última década. Evolucionan o funk, o soul, e varios paus de jazz dende os sons máis puristas ata o revisionismo de diferentes épocas, ademáis os seus membros son colaboradores habituais das principais figuras do xénero.
Nestas anos lanzaron un bo puñado de 7'' e eps, e o ano pasado lanzaron dous álbumes, ademáis de acompañar a Lucinda Slim no seu debut, lanzaron este "What comes to Mind", que ademáis serve de primeira referencia do seu propio selo.
Son dez temas no que tocan case tódo-lo paus posibles, de inspiracións nos sons dos 70s, e con certa mirada posta nas bandas sonoras do blaxploitation.
Ademáis contan coa colaboración da mesma Lucinda Slim, John McCallum (da Corinne Bailey Rae band) e John Turrell nas voces, ademáis do baixista Pete Shand (dos New Mastersounds) e do percusionista Mark Cotgrove (máis coñecido coma Snowboy).
As dúas versións que inclúen do 'Return of the Haggis' e o 'Keep it Tight' son unha auténtica locura. Enganchan aínda que non queirades!!
THE HAGGIS HORNS "What Comes to Mind"
(Haggis Records, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario