E imos a tiro fixo cun clásico das nosas vidas, porque de vez en cando non hai nada tan reconfortante coma volver a escoitar, un tras doutro, tódo-los álbumes de Sebadoh. Hoxe imos a recomendarvos o "III" publicado en 1991. Foi o seu primeiro gran álbum, e non foi casualidade que fose o momento da incorporación de Jason Loewenstein á banda xunto con Eric Gaffney e Lou Barlow.
"Sebadoh III" eran máis de 20 temas nun dobre vinilo que puxo as bases de todo o que veu despois, do lo-fi, e dos parámetros da música indie, da de actitude, da de verdade. Xunto cos Pavement puxeron patas arriba o mundo.
Sebadoh III era un álbum sen complexos, no que todo era posible, dende temas que seguen a ser referentes dunha época, pezas mal grabadas, e outras terriblemente producidas ou a medio facer. Recolle influencias do power pop, do hardcore e do folk, e todo xunto e descontextualizado, ou como Barlow comenta sempre 'mal tocado'. E ahí seguen 'The Freed Pig', 'Limb by Limb', 'Gold Told Me' ou 'Holy Picture' na banda sonora das nosas vidas. E só era o comezo da súa mellor época. Un imprescindible!!
SEBADOH "Sebadoh III"
(Homestead / Domino, 1991)
No hay comentarios:
Publicar un comentario