Imos cuns cantos álbumes antes da fin de semana.
De primeiro o retorno dos Swans, que nesta segunda xuventude que están a vivir os de Michael Gira adícanse a romper tódo-los moldes. Despois do éxito de "The Seer" (do 2012) seguen ó seu, a alternando álbumes de estudio e directos sen parar.
A finais do mes pasado lanzaron este "The Glowing Man", outra obra xigantesca como ven sendo habitual nesta segunda etapa. Post-rock, art-rock, no-wave, industrial... todo mesturado e trascendendo tódo-los estilos, pero desta vez máis repousado que as anteriores entregas, con temas moi longos (tres superan bastante os 20 minutos) que van crecendo lentamente, densos, agónicos ás veces, outras de puro rítmo, e desta vez, non sempre explotan con violencia., pero tamén. Son case dúas horas nas que atoparedes de todo, todo cheo de matices e tan elaborado coma sempre, pero seguramente só apto para iniciados.
SWANS "The Glowing Man"
(Young God Records/Mute, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario