jueves, 16 de abril de 2015

Sonic Youth "Bad Moon Rising"

Nas pasadas semanas vos estivemos recomendando clasicazos de 1965 que van cumprindo 50 anos do seu lanzamento, pero nesta imos con algo máis recente. 
Estes días cúmprense 30 anos do lanzamento do "Bad Moon Rising" dos Sonic Youth, o seu segundo lp de estudio, distorsión, abrasión e ruído marca da casa da súa primeira época, e ademáis seguramente o álbum máis escuro de toda a súa discografía, inspirado en vellos rituais indíxenas, obsesións máis contemporáneas, e incluso nas andainas de Charles Manson.
Na súa edición orixinal contaba con oito temas, cada unha das caras do vinilo corre sen pausa, así na caba A se suceden a 'Into', 'Brave Men Run (In My Family)', 'Society Is a Hole' e os descomunais oito minutos obsesivos de 'I Love Her All the Time', e na cara B 'Ghost Bitch', 'I'm Insane' e 'Justice Is Might', que corta a secuencia para arrancar con 'Death Valley '69', coa colaboración de Lydia Lunch, sen dúbida unha dos meus temas favoritos da banda. Logo reeditado en 1993 por Geffen coas habituais 'Satan if boring', 'Flower', 'Echo Canyon' e 'Halloween', que eran os temas das diversas edicións do single 'Flower' lanzadas entre 1985 e 1986.
Pasaron 30 anos, e sigue sonando tan subversivo coma entón. Un imprescindible!.

SONIC YOUTH "Bad Moon Rising"
(Homestead Records, 1985)



No hay comentarios: